Segundo Foro de Formación e Empresa

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estará presente no Segundo Foro da Formación e Empresa que se realizará no Fórum Carballo os vindeiros 24 e 25 de abril en Carballo.

Trátase dunha iniciativa que reúne contidos de formación e emprego e onde se ofrece unha visión integral das oportunidades laborais e formativas na actualidade.

No stand de Formación Profesional atopará información en relación a:

  • Oferta educativa dos ciclos formativos de FP
  • Acceso á Formación Profesional
  • Itinerarios formativos e profesionais
  • Saídas académicas e profesionais
  • Acreditación de competencias, a posibilidade de acreditar oficialmente a túa cualificación profesional se tes experiencia profesional
  • Emprendemento
  • Formación Profesional Dual

Pode acceder e/ou consultar o tríptico informativo na seguinte ligazón:

- Tríptico

- Máis información: na web do concello de Carballo

Información do Fórum Carballo: contacto, horarios, localización...