III Xornadas de Orientación académica e profesional
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estará presente nas III Xornadas de Orientación académica e profesional que se realizarán no Auditorio Municipal de Cangas o 20 e 21 de febreiro de 2013.
As xornadas están dirixidas tanto a profesionais da educación como a alumnado de 4º da ESO, de bacharelato, de ciclos formativos de grao superior e alumnado de educación de adultos.
Participan os seguintes centros educativos:
- IES As Barxas (Moaña)
- IES A Paralaia (Moaña)
- IES Illa de Ons (Bueu)
- IES Johan Carballeira (Bueu)
- IES María Soliño (Cangas)
- IES Monte Carrasco (Cangas)
- IES de Rodeira (Cangas)
- CPI do Toural (Vilaboa)
Pode descargar o cartel das xornadas en formato .pdf así como o tríptico informativo en formato .jpg.
Información do Auditorio Municipal de Cangas: contacto, horarios, localización...
Nunha 2ª parte -os días 14, 15 e 16 de abril- o alumnado dos centros implicados visitarán o IES A Paralaia (Moaña) e o IES Johan Carballeira (Bueu), para coñecer a súa oferta de Formación Profesional.