Proxectos KA116

Debido á estrutura do sistema de educación español, para a posible participación en proxectos de mobilidade da Acción clave 1 no ámbito da Formación Profesional (KA102 e KA116) considéranse obxectivo os estudos de Formación Profesional Básica, Formación Básica Adaptada, Ciclos Formativos de Grao Medio, estudos de Grao Medio de ensinanzas de réxime especial (arte, música e deportes), FP Dual de Grao Medio e cursos que conducen á obtención de Certificados de Profesionalidade dos niveis I, II e III.

En concreto, os proxectos do tipo KA116 son proxectos de mobilidade de Formación Profesional presentados por institucións ou consorcios que están acreditados coa Carta de Mobilidade Erasmus+ de Formación Profesional. Pódese consultar a información sobre a Carta de Mobilidade Erasmus+ de Formación Profesional na web de SEPIE, en: http://www.sepie.es/formacion-profesional/carta-movilidad.html.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade conta a día de hoxe cun proxecto KA116-2020 aprobado. Este proxecto suporá a posibilidade de que 160 estudantes, 40 titulados/as e 110 profesores/as poidan realizar mobilidades en diferentes países europeos.

En que países poderán realizarse estas mobilidades?

Serán elixibles todos aqueles países que conforman a Unión Europea, ademais de países do programa non pertencentes á Unión Europea (UE), é dicir Macedonia do Norte, Islandia, Liechtenstein, Noruega, Turquía e Serbia.  

IMPORTANTE: para coñecer a última información sobre o Brexit, consulte a ligazón http://www.sepie.es/brexit.html.

Países e territorios de ultramar:  En conformidade co apartado 3 do artigo 33 da Decisión 2013/755/UE do Consello sobre a asociación dos PTU coa UE adoptada o 25 de novembro de 2013 (https://ec.europa.eu/europeaid/regions/overseas-countries-and-territories-octs/oct-eu-association_en), a Unión garantirá que os organismos e institucións educativas dos PTU poidan participar en Erasmus+ sempre que cumpran as normas do Programa e as disposicións aplicables aos Estados membros cos que están asociados os PTU. Isto significa que os individuos e organizacións dos PTU que participan no Programa como "país do Programa", sendo o país do Programa o Estado membro co que están conectados. A listaxe de PTU está dispoñible en: https://ec.europa.eu/europeaid/regions/octs_en.

Información e contacto:

Asesoría de programas internacionais FP
Correo eléctrónico: programas.europeosfp@edu.xunta.gal
Teléfono: 881 99 65 22