SFME02
SFME02 - Construcións metálicas
Que se aprende a facer?
Deseñar produtos de caldeiraría, estruturas metálicas e instalacións de tubaxe industrial, e planificar, programar e controlar a súa produción, partindo da documentación do proceso e as especificacións dos produtos que se fabriquen, asegurando a calidade da xestión e dos produtos, así como a supervisión dos sistemas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En industrias dedicadas á fabricación de grandes depósitos, caldeiraría grosa e tubaxe industrial, talleres mecánicos, construción de carrozarías, remolques e caixas abatibles, construción e reparación naval, instalacións petroquímicas, material de transporte, montaxe e reparación de construcións metálicas, no ámbito da produción de construcións metálicas encadradas no sector industrial.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en construción mecánica. Encargado/a de fabricación en construcións metálicas. Encargado/a de montadores en construcións metálicas. Delineante proxectista de caldeiraría e estruturas metálicas. Técnico/a en deseño asistido por computador (CAD) de caldeiraría e estruturas metálicas. Deseñador/ora técnico/a de caldeiraría e estruturas. Programador/ora de sistemas automatizados en fabricación mecánica. Programador/ora da produción en fabricación mecánica. Técnico/a en desenvolvemento de tubaxes. Xefe/a de taller en construcións metálicas e montaxe.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP0246 | Deseño de construcións metálicas | 267 | 10 | |
| 1º | MP0251 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
| 1º | MP0248 | Procesos de mecanizado, corte e conformación en construcións metálicas | 213 | 8 | |
| 1º | MP0162 | Programación de sistemas automáticos de fabricación mecánica | 160 | 6 | |
| 1º | MP0245 | Representación gráfica en fabricación mecánica | 213 | 8 | |
| 2º | MP0252 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
| 2º | MP0253 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
| 2º | MP0250 | Proxecto de construcións metálicas | 26 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).