Edugal. Pontevedra 2018
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa en Edugal Pontevedra 2018, o VII Salón da oferta de educación e formación de Galicia, que se celebra no Recinto Ferial de Pontevedra os días 7, 8 e 9 de marzo de 2018.
No stand de Formación Profesional pódese atopar información e recibir orientación relacionada con:
- Oferta educativa dos ciclos formativos de FP
- Acceso á Formación Profesional
- Saídas académicas e profesionais
- Acreditación de competencias, a posibilidade de acreditar oficialmente a túa cualificación profesional se tes experiencia profesional
- Emprendemento
- Formación Profesional Básica
- Formación Profesional Dual
Na zona de exposición tamén está presente unha representación dos centros de FP e de ensinanza de réxime xeral:
- CIFP A Xunqueira
- IES Chan do Monte
- IES Luís Seoane
- IES Gonzalo Torrente Ballester
- IGAFA Instituto Galego de Formación en Acuicultura
- CMUS Profesional Manuel Quiroga
- ESAD Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
- ES de Conservación e Restauración de Bens Culturais
- EASD Antonio Failde
Etiquetas:
Multimedia: