Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.Datos básicos do centro

O IES García-Barbón é un centro de educación secundaria, con dirección postal na rúa Antonio Fernández Pérez s/n, 32600 (Verín). O correo electrónico do centro é ies.garcia.barbon@edu.xunta.es e a páxina web é: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesgarciabarbon/

Actualmente no centro se imparte Educación Secundaria de Adultos, Bacharelato, ciclos Formativos (2 ciclos de grao profesional básico, 4 ciclos de grao medio e 1 ciclo de grao superior + 4 ciclos de FP DUAL 2 de grao medio e 2 de grao superior), ademáis tamén o centro é sección delegada da EOI de Ourense, e conta coa Aula Mentor.

Actulmente o centro conta con 320 persoas matriculadas e con 48 profesoras.

1.2.Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

Contribución do Plan Dixital ao Proxecto Educativo de Centro

O Plan Dixital incorporará ao PEC a análise realizada durante o curso 2021-2022 tanto no profesorado como no alumnado, e o DAFO realizado xusto nese momento. Que servirá de base para establecer a educación dixital como unha ferramenta máis no día a día da educación. Estos datos serán a base para analizar a evolución en futuras versións do Plan Dixital, e o análise do desenvolvemento do mesmo ao longo do tempo e a súa implementación dentro do centro educativo.

Contribución do Plan Dixital á Programación Xeral Anual do curso 23/24

A principal contribución do Plan Dixital á PXA é que todas os obxectivos e accións planteadas dentro do Plan terán lugar dentro do curso 2023-2024. Todas estas accións que se levarán a cabo durante o curso, serán recollidas na Programación Xeral Anual, para o seu correcto desenvolvemento.

Será importante poder analizar na Memoria Anual ao final do curso se se alcanzaron os obxectivos propostos e as propostas de mellora cara os seguinte cursos académicos.

1.3.Lexislación aplicable

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para o desenvolvemento da análise DAFO empregáronse a autoavaliación SELFIE e tamén o test CDD (realizado polo profesorado presente no centro no curso 2021/2022). 

Interno
41 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non se realiza un estudo ou avaliación inicial dos coñecementos e / ou habilidades que ten o alumnado sobre as novas tecnoloxías e o seu uso. Alumnado Si
Debilidade O alumnado non conta con formación adecuada no uso responsable das novas tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Debilidade Non contar cos mesmos dispositivos coas mesmas características que o profesorado. Alumnado Si
Debilidade Acceso ilimitado a rede, sin ningún tipo de filtro establecido. Alumnado Si
Debilidade O alumnado non conta con formación adecuada no uso seguro, nin na xestión do tempo que empregan no seu uso. Alumnado Si
Debilidade Non todas as familias teñen os medios necesarios para contar con dispositivos que o alumnado poida empregar no centro. Familias Non
Debilidade Disposición de mobiliario e dos equipos informáticos de maneira física e estática non permiten a flexibilidade na organización da aula. Infraestruturas Si
Debilidade Non existen suficientes dispositivos para que o alumnado que non ten dispositivos poida levar os dispositivos do centro á casa. Infraestruturas Non
Debilidade Falta de adaptación dos dispositivos a alumnado con necesidades educativas especiais. Infraestruturas Si
Debilidade Non contar con pizarra dixital en todas as aulas (unicamente en 3 delas) Infraestruturas Si
Debilidade Descoñecemento da normativa relacionada co uso da rede e dos recursos dixitais Oferta Si
Debilidade Non contar cos mesmos dispositivos coas mesmas características no alumnado e no profesorado. Persoal docente Non
Debilidade Non se realiza un estudo dos coñecementos do persoal docente sobre o uso das novas tecnoloxías, o que axudaría a realización de formacións sobre o tema. Persoal docente Si
Debilidade Profesorado con pouca iniciativa para aprendizaxe relacionada coa seguridade na rede, o uso das tecnoloxías e a propiedade de autoría. Persoal docente Si
Debilidade Non se realiza un estudo ou avaliación inicial dos coñecementos e / ou habilidades que ten o alumnado sobre as novas tecnoloxías e o seu uso. Persoal docente Si
Debilidade Non contar con dispositivos para os docentes, para a realización de trámites laborais e formativos. Persoal docente Non
Debilidade Máis da metade do profesorado non é definitivo no centro. Persoal docente Non
Debilidade Relación escasa co resto do persoal. Persoal non docente Non
Debilidade Non contar con dispositivos para o persoal non docente, para a realización de trámites laborais e formativos. Persoal non docente Non
Fortaleza Manexo da ferramenta ABALAR para faltas, notas de avaliación, solicitude de titorías, ... Alumnado Non
Fortaleza Interese no desenvolvemento de actividades a través de ferramentas dixitais (p.ex. Kahoot) Alumnado Non
Fortaleza Alumnado con capacidade para unha aprendizaxe casi 100% con base tecnolóxica Alumnado Si
Fortaleza Todo o alumnado do centro está dado de alta na aula virtual do centro, na que teñen contacto co profesorado e material complementario. Alumnado Non
Fortaleza Uso de diferentes plataformas dixitais para lograr unha boa organización comunicativa entre o profesorado, o alumnado e as familias (Abalar co espazo de titorías, uso do servizo de mesaxería da aula virtual, email da Xunta, etc). Familias Non
Fortaleza Contar con equipamente informático tales como ordenadores, proxectores, ... Infraestruturas Non
Fortaleza Contar con wifi en todo o centro, a través da rede edu.xunta.gal Infraestruturas Non
Fortaleza O centro ten creadas contas en distintas redes sociais nas que se publica información relacionadas co centro e coas actividades que se realizan nel. Infraestruturas Si
Fortaleza Ter 8 aulas completamente dotadas de ordenadores, impresora, conexión internet para cada unha das alumnas ou alumnos da aula. Infraestruturas Si
Fortaleza Páxina web con recursos educativos e persoal encargado da súa actualización Infraestruturas Si
Fortaleza Oferta de ferramentas para iniciarse no uso de recursos dixitais (aula virtual Moodle, plataforma de formación). Oferta Si
Fortaleza Impartese un curso de capacitación dixital para persoas adultas. Oferta Non
Fortaleza Existe predisposición para traballar nunha estratexia dixital por parte do profesorado e do equipo directivo. Organización de centro Si
Fortaleza Acceso e descarga da información relacionada coa formación, para a súa consulta en calquera momento. Organización de centro Si
Fortaleza Participación en proxectos europeos (Erasmus +) Outras Non
Fortaleza Plan de comunicación consolidado a través de redes sociais con amplio seguimento por parte da comunidade educativa: web do centro, medios de comunicación, contacto co tecido empresarial, ... Outras Non
Fortaleza Persoal fixo con capacidade para dar soporte informático básico. Persoal docente Non
Fortaleza Persoal docente disposto a apoiar ao profesorado no uso dos recursos dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Persoal capacitado para adaptarse rápidamente aos cambios tecnolóxicos. Persoal docente Si
Fortaleza Participación intercentros en grupos de traballo e proxectos de innovacion co fin de investigar na práctica educativa coa elaboración de materiais e a implementación dunha metodoloxía inclusiva e innovadora. Persoal docente Non
Fortaleza O persoal non docente ten capacidade de adaptación coas novas tecnoloxía. Persoal non docente Non
Fortaleza O persoal administrativo conta coa formación adecuadada para a realización das tarefas a través das plataformas da consellería. Persoal non docente Non
41 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non contar con un servicio técnico que solucione os problemas do centro de maneira inmediata. Administración educativa Non
Ameaza Problemas técnicos que deixan sen conexión e wifi nos equipos, durante un tempo indeterminado. Administración educativa Non
Ameaza Non contamos con unha agrupación de nais ou pais, que poidan colaborar no Plan Dixital. ANPA Non
Ameaza Inexistencia dun plan específico para axudar aos profesores a afrontar os problemas que poidan xurdir durante o proceso de aprendizaxe mixto, relacionados coas necesidades dos alumnos e o seu contexto socioeconómico. Contorna Non
Ameaza Exiten zonas nas que vive o alumnado ou familias que non teñen bo acceso a conexión a internet. Contorna Non
Ameaza Ter un respositorio de material educativo de FP tipo do repositorio ABALAR que existe en Primaria, ESO e Bacharelato. Lexislación Si
Ameaza As empresas que colaboran non o fan desde o punto de vista da estratexia dixital. Outras Non
Oportunidade Espazo para a ampliación de equipación informática Administración educativa Si
Oportunidade Existencia de dispositivos para a realización de ensinanza dixital Administración educativa Si
Oportunidade Acceso a internet sin limitacións para usalo na realización de tarefas e consultas Administración educativa Non
Oportunidade Ter un respositorio de material educativo de FP tipo do repositorio ABALAR que existe en Primaria, ESO e Bacharelato. Administración educativa Non
Oportunidade Ampliación do centro educativo para a adquisición de novos espazos físicos e un espazo concreto adicado en exclusividade as novas tecnoloxías dixitais (biblioteca dixital). Administración educativa Non
Oportunidade Unha porcentaxe elevada do alumnado ten acceso a dispositivos dixitais con acceso a internet Contorna Si
Oportunidade Temos unha variedade grande de empresas que colaboran co centro educativo, a través da FP DUAL ou de prácticas de FCT, que poderían estar interesadas en participar. Outras Non
Oportunidade Crear proxectos de colaboración con outros centros. Outras Si
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Infraestrutura dixital do centro:

Todas as aulas do centro, os departamentos e os despachos contan con ordenadores con conexións cableadas. Ademáis tanto en conxersería, administración, os despachos e no espazo de atención ás familias cóntase con teléfonos que permiten a realización de chamadas.

Neste curso aumentouse os puntos de conexión sen fíos que forman parte da rede wifi edu.xunta.es contando con conexión en todos os espazos do centro incluidos os talleres de automoción e mantemento.

Equipamento dispoñible

O centro conta con equipamento informático en todos os despachos de administración (despachos de dirección, xefatura de estudos de diurno, secretaría, vicedirección, xefatura de estudos de nocturno e administración). Tamén hai equipamento informático con 5 ordenadores na sala do profesorado e en cada un dos departamentos do centro. Todos os ordenadores da sala do profesorados e dos despachos teñen acceso a dúas máquinas impresoras e fotocopiadoras.

No centro existe unha aula de informática con 30 equipos fixos con conexión a internet. A biblioteca conta con 4 equipos informáticos para consulta, e outro ordenador que permite realizar os préstamos dos libros.

Esiten 6 aulas dos ciclos de administrativo (2 de ciclo básico, 2 de ciclo medio e 2 de ciclo superior). En cada unha das aulas cóntase con un ordenador para cada alumno e tamén unha impresora con conexión dende todos os ordenadores. Tamén se conta con ordenadores nunha aula dos ciclos de mantemento electromecánico.

Ademáis o centro conta con 16 equipos portátiles, dende o COVID, para prestar ao alumnado que non conta con el para poder desenvolver as tarefas e poder acceder aos contidos da aula virtual.

Servizos dixitais educativos

Os servizos dixitais cos que conta o centro é a páxina web que sirve para aportar información a familias, profesorado, alumnado e empresas da contorna; ademáis a páxina web conta cun recorrido virtual por todas as estancias do centro. A aula virtual é a ferramenta empregada para o traballo diario do alumnado e tamén se emprega como vía de comunicación co alumnado a través das ferramentas de mensaxes. Empregase o espazoAbalar, para a comunicación coas familias e para a solicitude de información do alumnado por parte dos titores ao profesorado, ademáis do envío das calificacións.

Outras das ferramentas dixitais que se empregan para difundir as actividades do centro son as redes sociais (Facebook e Instagram), xunto coa publicación dos vídeos do centro a través da conta de Youtube.

Xestión do mantemento do equipamento do centro

Para o mantemento do equipo do centro, o instituto ten contratado un profesional informático que colabora no mantemento de todo o equipamento os mércores polas tardes. Para problemas puntuais o coordinador dixital do centro intenta solucionalos.

Ante problemas de conectividade tanto por cable como de maneira inalámbrica, solicítase colaboración á UAC ou ao Centro de Xestión de Redes.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a competencia dixital do profesorado do centro
O02PD Crear un espazo no que desenvolver metodoloxías virtuais, programación, novas tecnoloxías, para o alumnado e profesorado
O03PD Crear xornadas de uso responsable e seguro das novas tecnoloxías para o alumnado
O04PD Incorporar ao centro novo material tecnolóxico para alumnado e profesorado
O05PD Publicar a través das redes sociais formación e actividades propostas/realizadas no curso

Seguimento

Procedemento

Para a realización do seguemento do Plan Dixital contamos co apoio e asesoramento do coordinador ADIX (Manuel Rolán), que nos asesorará e realizará un seguimento conxunto mensual de cada un dos obxectivos e actividades desenvolvidas.

Por outro lado a implicación do profesorado dentro do seminario permitiu que o avance durante todo o curso se realizase nunha boa proporción do profesorado e poder chegar a algún dos obxectivos plantexados.

A avaliación do Plan Dixital durante o curso 2023-2024, realizarease mediante unha avaliación procesual con frecuencia bimestral, na que se analizará o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e as posibles modidificacións de accións ou propostas de mellora.

1º Trimestre

Durante o 1º Trimestre comezouse a analizar a realidade inicial do centro na nova implementación do Plan Dixital, tamén se comezaron a dar pasos tanto na detección das necesidades por parte do profesorado, incorporación dentro dos Polos Creativos e vinculación coas formacións correspondentes e a realización dos pasos a seguir durante os seguintes trimestres.

2º Trimestre

Durante o 2º Trimestre a persoa responsable de Polos Creativos participou nas formacións de Novos Polos Creativos e un profesorado do centro estivo impartindo formación nos diferentes CFR e CAFI tanto para os novos Polos Creativos como para os Polos Creativos Plus. Durante o segundo trimestre desenvolveronse as  formacións relacionadas cos Polos Creativos por parte do profesorado centrado tanto no emprego da técnica de Chroma como da Impresión e escáner 3D. Tamén se solicitou diferente material ao CFR como material de radio, impresión e escáner 3D, croma e dispositivos de captura de imaxe e vídeo, para a relización de experiencias por parte do profesorado. Tamén se estiveron desenvolvendo tarefas para organizar as formacións correspondentes por parte do profesorado sobre o manexo da IA e Excel que terán lugar durante o terceiro trimestre.

Tamén se incorporaron ao centro material informático enviado por AMTEGA que se instalará tanto na sala de profesorado como na aula de informática. Aínda se está a espera da instalación das rosetas necesarias para a instalación dos equipos informáticos nas aulas dos grupos de Dual.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Na avaliación final, que se levará a cabo ao finalizar o curso 2023-2024, analizaranse o logro dos obxectivos e as propostas de mellora de cara a actualización do Plan Dixital.

Este proceso de avaliación do Plan será realizada polo seminario encargado da dinamización do Plan Dixital durante o curso 2023-2024.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A estratexia de difusión do plan empregará varias liñas. Por un lado unha vez aprobado, colgarase na páxina web do centro, xunto co resto de documentos organizativos do mesmo. Tamén se lle dará difusión a través da aula virtual para poder chegar a todo o alumnado e a través de Abalar para poder chegar a todas as familias. O acceso ao Plan Dixital tamén pode ser posible a través da aplicación de Educalidade.

Esta difusión permitirá ser un primeiro paso no establecemento de liñas de comunicación con toda a comunidade educativa relacionadas coa estratexia dixital, que permitan seguir traballando de cara a novas versións do Plan Dixital.