Skip to Content

Arquivos ".exe" para descargar dende a web

Bo día.

Son a persoa encargada do mantemento da web do IES A Paralaia:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesaparalaia

Solicitóuseme no centro que colocara uns enlaces para que o alumnado poidera traballar co programa "Orienta".

Creei a versión para web con animacións e sin animacións e engadín un bloque na marxe dereita da páxina principal da web. Esta versión para web crea un arquivo .exe.

Subín os arquivos á páxina sin problemas como si fora calquera outro tipo de arquivo (pdf, doc, etc.) e creei os enlaces correspondentes.

O problema ven cando se accede ao arquivo.

Cando se selecciona a opción do bloque, o sistema pregunta si se desexa buscar un programa para abrilo ou gardalo.

A opción axeitada é gardalo para que logo o usuario execute a instalación do mesmo.

O primeiro que chama a atención é que aínda que o ficheiro se chama “00 OrientaSIN12-13.exe”, o sistema asínalle o nome “iesaparalaia”, e quítalle a extensión.

NOTA: Si ao arquivo descargado se lle pon a extensión ".exe" á man e se lle da doble click, execútase correctamente e instala a aplicación.

Esto fai que os usuarios non saiban cómo facer para traballar co programa, o cal ocasiona atrancos para desenvolver as actividades encomendadas polo profesorado.

Tamén tentei comprimilo nun arquivo “.rar”, pero pásame o mesmo (de feito, o OrientaCON12-13 ao que se accede dende a web é comprimido).

¿Hai solución para este atranco?

Grazas.

 

Execución de programas

Executar un "exe"en web, Este programa esta diseñado para windons xa que utiliza una extensión recoñecida en windows.

Polo tanto en unha web desenvolvida con software libre non adminte este tipo de formato.



forum | by Dr. Radut