Queremos inserir nun bloque un widget de información meteorolóxica. Creamos o bloque e ó editalo, no corpo do bloque, seleccionamos "insertar/editar medio embebido", pero a partires de aquí, qué tipo collemos e cómo copiamos o enderezo do widget? É que probamos de distintos xeitos e non conseguimos que se vexa o widget na web.
Moitas gracias por adiantado.
INSERIR WIDGET
- APIs de Blogue
Desactivar Texto Enriquecido
O procedemento sería o seguinte.
1. Copiamos o código para embeber o widget
2.- No corpo do bloque prememos en desactivar texto enriquecido. (situado na parte inferior do corpo), desta maneira desaparecen os botóns do editor
3.- Pegamos o código para embeber.
4. Gardamos
5.- Situamos o bloque na rexión da plantilla que desexemos.