Non sei se lle pasou a alguén máis, pero eu tiña dados de alta a todos os alumnos dun curso para que poideran visualizar e facer comentarios nun álbum, pero de boas a primeiras desapareceron.
Creo que non toquei nada raro, porque o estraño do caso é que cando entran co seu nome de usuario e contrasinal, os/as nenos/as reciben o aviso de "Benvido, fulanito", pero non se pode acceder a nada, nen tan siquera se pode cerrar a sesión, sempre temos en pantalla a ligazón "Ingresar".
Se tento rexistralos de novo, o programa di que xa existen usuarios con ese nome.
Como se pode resolver o misterio?
Grazas pola axuda.
Usuarios
Na galería somentes os administradores. Envía un correo a websdinamicas cun nome de usuario.