Skip to Content

Novos centros en Webs Dinámicas, unha nova estructura do Proxecto: multisite

Entre o pasado mes de marzo e o presente mes de abril O Proxecto Webs Dinámicas incorporou á súa lista de centros activos aqueles que pemanecían pendentes. Este proceso tardou un pouco máis do desexable xa que estívose a desenvolver unha nova estructura do proxecto, a denominada multisite.

En que consiste Webs Dinámicas en multisite?

Dende o comezo cada centro que se incorporaba ó proxecto utilizaba un espazo web na chamada "máquina de centros". Este espazo viña a ser o mesmo que se lle proporcionaba a outros centros que non participaban no proxecto, senón que desenvolvía as súas propias páxinas web. Este tipo de estructura implicaba que para cada centro participante era necesario instalarlle tres aplicacións independientes (Drupal, Moodle e Coppermine), con estructuras de directorios totalmente independientes.

A medida que os centros participantes ía aumentando, a administración do proxecto volvíase cada vez máis complexa, xa que cada centro a maiores significaba tres aplicacións máis a administrar. Tendo que administrar un potencial de máis de 1400 aplicacións chegouse a un punto onde se facía necesaria replantexar a situación e buscar novas fórmulas que pemitiran continuar incorporando centros sen que supuxera un perxuizo para os xa participantes.

Deste xeito, deseñamos a nova estructura multisite, que significa que certas partes da estructura das aplicacións son comúns, podendo dicir que pasamos de  ter cerca de 1500 aplicacións a 3 con espazos persoais separados.

Que implicacións ten o multisite para os centros educativos?

  • Modificación da URL do centro:
    • Antes na máquina de centros: http://centros.edu.xunta.es/nomedocentro
    • Agora no multisite: http://www.edu.xunta.es/centros/nomedocentro
As páxinas webs dinámicas da estructura de multisite están nun servidor especificamente deseñado para o Proxecto.
  • Corte do acceso por FTP á estructura de carpetas das páxinas web e ás bases de datos. Por varios motivos:
    • Debido a que a estrutura das aplicacións é común non é posible dar acceso ós centros ó espazo FTP xa que un cambio na estrutura afectaría a tódolos centros participantes.
    • Aínda que exite un número de profesores moi implicados no proxecto con coñecementos suficientes para administrar as estruturas das aplicacións, foron moi comúns as incidencias que tiñamos que resolver por problemas xerados nas estruturas das aplicacións. Este tempo invertido por parte dos que traballamos no proxecto non nos permitía avanzar no desenvolvemento e investigación de novos módulos e estratexas de dinamización do proxecto. Solucionaremos isto poñendo a disposición do profesorado a estrutura e a base de datos das aplicacións para que poidan ser instaladas en local permitindo a investigación. Unha vez realizados avances por parte do profesorado poderán ser propostos ó Proxecto favorecendo as melloras a toda a comunidade de centros.
  • Maior velocidade:
    • Un dos grandes problemas que viñamos tendo ata o de agora, e que era debido á enorme sobrecarga do servidor era a lentitude das páxinas web dos centros. Ó mudar á nova estrutura de multisite tamén se muda de servidor co que a suma destes dous factores deberá incidir moi directamente na velocidade das páxinas webs dinámicas.
A medida que vaiamos facendo melloras no proxecto para todas as aplicacións irémolas publicando neste apartado de "Novas", "Novas do Proxecto" e "Novos contidos".

Como sei si o meu centro está ou non en multisite?

No listado de centros participantes deste portal  os centros que pertencen ó multisite están indicados con unha icona vermella e azul en forma de molécula (multisite)

Porque o meu centro non está en multisite?

No proceso de migración á nova estructura comezouse por aqueles centros que solicitaban entrar no Proxecto, centros que levaban meses esperando para poder disfrutar del e que, como é evidente, comezaban de cero. A segunda fasee é estudar e concretar o proceso de migración do resto de centros que xa están a traballar.

Venres, 30 de Abril de 2010

 



page | by Dr. Radut