Skip to Content

¿Como impedir o acceso os arquivos?

Creei un curso na aula virtual do centro e dentro del un foro para que fagan comentarios e outro para que me suban os traballos unha vez feitos, pero estes tamén son visibles para o restos dos compañeiros. ¿Como podo facer para que estes traballos solo sexan visibles para o profesorado? Graciñas. José M.Rial

Tarefa ou foro?

Si xa tes un foro para os comentarios, igual non necesitas outro para os arquivos, non sei si será o caso. Si asi fose, a miña recomendación é que en vez do segundo foro, poñas unha actividade tipo tarefa "actualización dun só ficheiro". Esto xa solo permite ver o arquivo ó profesorado, e ten outras ventaxas como a descrición da tarefa, etc.

Un saúdo.



forum | by Dr. Radut