Skip to Content

Posibilidade de que o rol "teacher" matricule alumnos dentro dos cursos e cargar arquivos.

Boas, chámome Pablo Nimo e son o Coordinador do PITIC no IES Fin do Camiño de Fisterra. As dúbidas que presento son dúas: • 1.- En recente conversación telefónica con José Antonio comentoume como tería que facer para habilitar o permiso de matriculación de alumnos dentro dos propios cursos ó rol “mestre”. Comentoume que fora a “ AV > Administracion > Usuarios > Permisos > Definir papeis” e editara os permisos para “teacher”. O caso é que dentro dese menú non encontró cal é a ligazón para realizar o cambio. • 2.- Cando tento cargar un arquivo dentro dun curso parece que quere cárgalo pero nunca aparece a pantalla coa carga finalizada, senón que acaba nunha páxina en branco e sinala “feito” na barra de estado do Firefox. Fixen a proba co Iexplorer e pasa o mesmo. Un saúdo e ánimo polo traballo que estades a realizar. Gracias.

Definir papeis - Cargar arquivos

1- AV-Administracion > Usuarios > Permisos > Definir papeis

Nesa ruta hai unha pertana que dí "Xestionar papeis". Aparecen os papeis, e á dereita unha man cun lapiz. Prememos nela e xa nos aparecen os permisos de cada papel. Modificamos e adxudicamos permisos.

 

2-Carguei no voso "Curso de proba" un arquivo de imaxe que se chama ingles2.png. Cargao perfectamente. Non estarás tratando de subir arquivos con nomes incorrectos Espazos en branco no nome, acentros, caracteres extranos, ...

Un saúdo

Definir papeis

Boas. Sorpréndome da prontitude da resposta! O tema dos arquivos era que estaba a subir arquivos con espazos. Arranxado. En canto ós permisos, non me expliquei ben. Sei como editar os permisos, pero non sei cal teño que modificar para permitirlle a un rol, neste caso "teacher", que matricule dende un curso en concreto a alumnos dados de alta na plataforma. Sen a necesidade de establecer a unha chave de inscrición. Un saúdo e moitas gracias.

Rol profesor: alta de usuarios

Vamos a distinguir dous casos:

1-Rol profesor de plataforma ( Profesor de calquera curso da plataforma).

Este rol pode crear usuarios, engadir usuarios mediante ficheiros, .... todas as funcións que lle queira otorgar  en "

  • Administración/ UsuariosPermisos/ Definir papeis
  • Editando o rol profe e permitindo: Cargar novos usuarios desde o ficheiro; Crear usuarios

    2-Rol profesor de curso: un mprofe que só e profesor dun ou de varios cursos pero non é de toda a plataformo.

    Por defecto xa pode Atribuír papeis aos usuarios. é dicir, aos usuarios que xa están na plataforma podeos meter no curso que el titoriza.

    Administración/ UsuariosPermisos/ Definir papeis

    No rol profesor ten que ter permiso para Atribuír papeis aos usuarios

    Eses permisos evidentemente otórgaos o administrador da plataforma.

    Moi importante: os roles que o administrador otorga ao rol profe, son para o rol profe da plataforma, e algúns deses permisos herédaos o rol profe "so de curso". Un rol profe de plataforma sempre vai ter máis permisos que un  rol profe de curso.



    forum | by Dr. Radut