Skip to Content

Artículos

Asignar unha actividade a un agrupamento

Para a xente que xa pode traballar coa recente actualización de Moodle (1.9.7), recomendamos activar unha mellora que non está marcada por defecto no menú de administración do sitio (Xeral>Experimental): Agrupamentos.

A idea é que así en cada tema dun curso con varios grupos separados, é posible poñer actividades diferentes para cada agrupamento sen que cada un vexa as actividades dos demais. Un agrupamento pode estar formado por un ou varios grupos. Parece algo confuso polo parecido dos termos, pero é sinxelo de organizar.

Activando os agrupamentos, aparecen nunha nova pestana da ventá de Grupos:

http://docs.moodle.org/all/es/Agrupaciones

Non sabemos se sería posible activalos para todos os centros por defecto, aínda que recoñecemos que non serán necesarios para moita xente.

Erro na creación de preguntas calculadas

Na aula virtual do IES A SANGRIÑA, ignoro se sucederá nalgun outro centro, temos problemas ao crear preguntas calculadas ou ao correxir posibles erros nas que xa están na aula virtual. Hai algún problema coa base de datos que almacena as posibles respostas en funcion das unidades. Se queremos almacenar unha ou dúas respostas non hai problema, pero cando se queren almacenar tres respostas aparece unha mensaxe de que non se pode acceder a base de datos. A mensaxe di: "Unable to save unit a to the Databse"

Non se executa o cron

Non sabemos por que, pero o cron, que debería correr cando menos cada 15 minutos para que as tarefas da aula virtual se executen con normalidade, non funciona.

Con esto atopámonos con que as copias de seguridade non se fan, os correos das mensaxes do foro non se envían, etc, etc, etc.

De vez en cando executámolo manualmente, pero edebería estar programado, ¿non?

Habería que arranxar este tema.

Grazas.

reCaptcha no Moodle

Unha dúbida. Pódese usar o reCaptcha no Moodle dos centros para evitar o spam nas autenticacións baseadas no correo electrónico?

Estiven intentando configuralo e conseguín que aparecera o Captcha cando o usuario intenta crear unha conta, pero o facer clic no botón "crear conta" volve a aparecer o mesmo formulario. 

Aproveito para agradecer o traballo dos que estades en webs dinámicas e para dicirvos que estou moi satisfeito coa última actualización de moodle

Problema restaurando cursos do repositorio abalar

Temos restaurado un dos cursos que aparecen no repositorio abalar. O cas é que o curso incorpora unha lista de usuarios, que pensamos que non tiña por que estar. É certo que cando se restaura un curso pódese desmarcar a opción de incorporar usuarios, pero tamén é certo que esa opción ven marcada por defecto, e é fácil despistarse. Penso que habería que corrixir eso, e, en calquera caso, o material que se pon a disposición da comunidade educativa debería vir sen usuarios.

Grazas

Problemas restablecendo cursos

A opción de restablecer da problemas cos repetidores: Tras limpar usuarios e rexistros dun curso, e despoios cargar o novo alumnado, o sistema carga todas as actividades que fixeron os repetidores o ano anterior. A solución é facer unha copia de seguridade limpa das cousas dos usuarios e restaurar, pero a opción de restablecer debería funcionar igual e é máis sinxela para explicar ao profesorado menos informatizado.

Por certo, estaba prevista unha actualización de Moodle e Drupal durante maio, xuño e xullo, pero polo menos nós non a temos.

Un saúdo

Visualización das actividades de JClic

Vou abrir un novo fío para un tema tratado neste foro hai xa case cinco anos. Trátase de que, se ben as actividades JClic funcionan correctamente desde o punto de vista do alumno, o profesor non ten forma conveniente de visualizalas.

Creo que o problema podería arranxarse actualizando o módulo de JClic na instalación de Moodle de Multisite.

Eu teño unha instalación local de Moodle 1.8.5, a mesma versión que usa Multisite, que logrei instalar nun servidor LAMP con Ubuntu 8.10 en VirtualBox. O certo é que usando a versión 2008110700 do módulo de JClic descargada de

phobos.xtec.cat/lgarcia9/moodle/file.php/1/Moduls_Utilitzats/jclicmoodle-0.1.0.9.zip

aparece enriba á dereita da táboa de resultados do alumnado unha ligazón para visualizar a actividade, que funciona correctamente.

Sen embargo, Multisite emprega unha versión anterior (2008012300), e esa é probablemente a causa do problema. Penso que todos os profesores que usamos JClic vos agradeceríamos que investigásedes esta posibilidade de darlle solución.

Problemas cos editores

Dende fai algún tempo, temos problemas co editor dos diferentes lugares de Moodle, non nos permite cambiar cores, aumentar tamaños de letras, non nos permite fondos de fotos e outras posibilidades.

Algúen nos comentou que era un problema de reconfiguración do MOOdle, xa que antes funcionaba.

Sabedes algo do asunto e como podemos subsanalo???

Ies de Arzúa

Puntuación negativa en cuestionarios

Teño un cuestionario no que algunhas preguntas teñen respostas que puntúan negativo, son preguntas de tipo escolla múltiple, podo seleccionar puntuación negativa para as respostas, pero logo non a aplica. Cando un alumno/a escolle esa resposta puntúa como 0. Non se pode puntuar negativo?

Bloque de mensajes

Hola,

Necesitaría ayuda con el bloque de mensajes. Pretendía que se mostrara en la página, pero he ido a Administración del sitio/Módulos/Bloques/Activar edición de bloques, para seleccionarlo en dónde pone Añadir, pero no figura esa opción, supongo que algo habré hecho mal, agradecería que me indiqueis como hacerlo.

Muchas gracias.



by Dr. Radut