Skip to Content

Asignar unha actividade a un agrupamento

Para a xente que xa pode traballar coa recente actualización de Moodle (1.9.7), recomendamos activar unha mellora que non está marcada por defecto no menú de administración do sitio (Xeral>Experimental): Agrupamentos.

A idea é que así en cada tema dun curso con varios grupos separados, é posible poñer actividades diferentes para cada agrupamento sen que cada un vexa as actividades dos demais. Un agrupamento pode estar formado por un ou varios grupos. Parece algo confuso polo parecido dos termos, pero é sinxelo de organizar.

Activando os agrupamentos, aparecen nunha nova pestana da ventá de Grupos:

http://docs.moodle.org/all/es/Agrupaciones

Non sabemos se sería posible activalos para todos os centros por defecto, aínda que recoñecemos que non serán necesarios para moita xente.



forum | by Dr. Radut