Vou abrir un novo fío para un tema tratado neste foro hai xa case cinco anos. Trátase de que, se ben as actividades JClic funcionan correctamente desde o punto de vista do alumno, o profesor non ten forma conveniente de visualizalas.
Creo que o problema podería arranxarse actualizando o módulo de JClic na instalación de Moodle de Multisite.
Eu teño unha instalación local de Moodle 1.8.5, a mesma versión que usa Multisite, que logrei instalar nun servidor LAMP con Ubuntu 8.10 en VirtualBox. O certo é que usando a versión 2008110700 do módulo de JClic descargada de
phobos.xtec.cat/lgarcia9/moodle/file.php/1/Moduls_Utilitzats/jclicmoodle-0.1.0.9.zip
aparece enriba á dereita da táboa de resultados do alumnado unha ligazón para visualizar a actividade, que funciona correctamente.
Sen embargo, Multisite emprega unha versión anterior (2008012300), e esa é probablemente a causa do problema. Penso que todos os profesores que usamos JClic vos agradeceríamos que investigásedes esta posibilidade de darlle solución.
jclic
Moitas grazas pola túa colaboración