Skip to Content

Último número de " Aquí e Agora"

Aquí e Agora 20

Por fin, o número 20!! Este curso 2021-22 retoma de novo a súa andaina a nosa revista AQUÍ E AGORA. Tivemos unha paréntese duns anos complicados, cheos de corentenas, máscaras, distancias, privacións e toda esa chea de protocolos que, lonxe de apouvigarnos, serviunos para coller azos e novas ilusións. Rexorde unha publicación que pretende ser unha pequena mostra das actividades desenvoltas no noso IES, así como doutras que aportan persoas que por aquí pasaron e deixaron fonda pegada. Non aparecen aquí, nin moito menos, todas as actividades extraescolares, nin todos as celebracións e exposicións, nin todos os concursos e creacións literarias que fixemos. Simplemente queremos que esta publicación sexa unha ventá ao exterior e que, calquera que amose un pouco de interese sobre o que pasa no IES Xograr Afonso Gómez, poida mirar por ela e ver o dinamismo e a forza que aquí se respira.

 

Con este número da revista pretendemos continuar a tradición de editar unha Revista escolar iniciada alá polo ano 2020 e, abofé que servirá no futuro para rememorar experiencias e recordos colectivos.

 

Só queda dicir……GRAZAS a TODAS  E TODOS!!!!!

Este AQUÍ E AGORA recolle parte dos proxectos, celebracións e traballos que se fixeron ao longo deste curso e outros que rescatamos de anos anteriores. AquÍ hai espazo para a investigación, as entrevistas, a creatividade, a ilusión….en fin… mostra do dinamismo do Xograr.

Enlace de descarga

 

Distribuir contido


by Dr. Radut