SOLICITUDES DE RESERVA E ADMISIÓN PARA O CURSO 2023/2024
RESERVA: Debe formalizala o alumnado de 6º de Primaria que cursa estudos nos centros adscritos ao IES Xograr Afonso Gómez; CEIP Frei Luís de Granada, CEIP Ricardo Gasset, CEIP de Samos e CEIP Eduardo Cela Vila. O prazo é do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro e poderase realizar nalgunha das seguintes formas:
ADMISIÓN: Debe formalizala todo aquel alumnado que quere cambiar de centro ou cambia de etapa educativa a un centro ao que non está adscrito, é dicir, alumnado que está noutros colexios distintos dos mencionados no apartado de reserva. O prazo é do 1 ao 20 de marzo e entregarase no centro onde se quere solicitar admisión.
TRANSPORTE ESCOLAR: Ten dereito garantido o alumnado que procede dos centros adscritos. O resto do alumnado poderá usalo gratuítamente coa tarxeta xente nova.
COMEDOR ESCOLAR: O número de prazas foi medrando nos últimos anos podendo atender sempre todas as solicitudes.
CARACTERÍSTICAS DA OFERTA EDUCATIVA
No IES Xograr Afonso Gómez pódese cursar a ESO, o Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía, Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais, o Bacharelato Xeral e o Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.
O centro é de liña 3 (3 grupos por curso), polo que actualmente as rateos dos grupos están arredor dos 20 alumnos por aula.
O feito de ser un centro de liña 3 fai posible que se ofrezan todas as materias opcionais e distintas medidas de atención á diversidade como: apoios individualizados durante toda a ESO, agrupamentos flexibles de matemáticas e linguas en 1º e 2º da ESO, Programa de Diversificación Curricular en 3º e 4º da ESO, todos os itinerarios de 4º da ESO, 4 modalidades de Bacharelato (Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades, Ciencias Sociais e Xeral) e a práctica totalidade das materias de modalidade e optativas dos distintos bacharelatos.
Aposta polos proxectos educativos de innovación cos seguintes programas en marcha:
EDIXGAL: Aposta por unha educación do século XXI na que se implanta unha metodoloxía activa que ten como centro ao alumnado. Cesión dun ordenador a cada alumno da ESO.
POLOS CREATIVOS: somos un dos centros pioneiros na súa implantación en Galicia. Os Polos Creativos son espazos de innovación educativa nos que se traballan as competencias STEM (Ciencia, Tecnoloxía e Matemática), a co-creación, a solución de problemas reais e o pensamento de deseño e habilidades. Para iso cóntase con espazos específicos e a dotación de equipamento especializado como robots, equipamento audiovisual de última xeración, tabletas, gafas de realidade virtual, impresoras e escaner 3D, cortadora laser, paneis dixitais, etc.
SECCIÓNS BILINGÜES: na materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º e 3º da ESO, e na materia de Xeografía e Historia de 2º da ESO, para acadar unha maior competencia lingüística en Inglés.
CONTRATOS PROGRAMA e PROA+: Programa de reforzo das materias instrumentais para o alumnado que o precise, CONVÍVE-T, IGUÁLA-T, INCLÚE-T, EDUEMOCIÓNA- T, EDUsaúde e EDUsostibilidade
EDUCACIÓN RESPONSABLE (Centro graduado): Programa da Fundación Botín que busca favorecer o crecemento físico, emocional, intelectual e social das persoas, e promove a comunicación e mellora da convivencia nos centros educativos.
SELO DE VIDA SAUDABLE: O centro obstenta desde o ano 2019 esta distinción do Ministerio de Educación que recoñece todas as iniciativas levadas a cabo no centro en prol da saúde.
OUTROS PROGRAMAS (e non menos importantes): Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, ELBE2 (ebooks), Club Lector “O Xograr lector”, Club de ciencias, Cinema na Aula, Observa Acción, Radio Xograr, Revista escolar “Aquí e Agora”, Plans Proxecta, Programas de saúde (Centro cardioprotexido, RCP na aula, Doazón de órganos, Prevención do consumo de drogas, Prevención de enfermidades de transmisión sexual, etc), Coidemos o noso centro, Únome ao bo trato, etc.
XORNADAS INFORMATIVA
Teremos unha primeira xornada informativa para o primeiro prazo de reserva o día 19 de xaneiro ás 16.00hs.
Se aínda tedes dúbidas, podedes solicitarnos unha entrevista/visita na que vos explicaremos a nosa oferta educativa e responderemos as vosas preguntas.
Calendario de Reservas e Admisión
Máis información, normativa e anexos de solicitude