Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019/2020

Publicada a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/2020 (código de procedemento ED330B).

O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de xuño (este incluído).

Co fin de axilizar a tramitación prégase entregar a solicitude antes do 14 de xuño.

O alumnado que repita 4º ESO e aquel que non teña praza en formación profesional básica no curso 2019/2020 e formalice a matrícula no curso de ESO que lle corresponda, cando non tivese presentado solicitude de participación no fondo solidario e a solicitude para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala en prazo dun mes desde a formalización da matrícula.

Tamén pode tramitarse a través da sede electrónica da xunta no seguinte enlace

 

AdxuntoTamaño
Solicitude. Anexos I e II.pdf3.44 MB
Participación no fondo solidario de libros de texto para ESO.pdf434.61 KB


page | by Dr. Radut