Skip to Content

Blogues

CALENDARIO FIN DE CURSO DE 2º DE BACHARELATO 2022/23

Achegamos o calendario de fin de curso para 2º de Bacharelato.

PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓN DE CUALIFICACIÓNS EN 2º DE BACHARELATO

Achegamos a Instrución 2/2023 pola que se establece o procedemento de reclamacións ás cualificacións obtidas en ESO e Bacharelato para o curso 2022/23.

CONVOCATORIA DE PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO PARA O CURSO 2022/23

Xúntase a ligazón para consultar a Orde do 20 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022/23.

Ligazón

X FORO DA INNOVACIÓN DA FP DE AUTOMOCIÓN - IES DE VILALONGA

 

Adxuntamos o programa da X edición do Foro de Automoción que se celebrará os días 27 e 28 de abril de 2023 no pazo Emilia Pardo Bazán e no IES de Vilalonga.

Máis información nas redes sociais do Foro:

Facebook.
https://www.facebook.com/foro.automocion.33

Twitter.
https://twitter.com/FAutomocion
@FAutomoción

Blog:
https://fifpavilalonga.blogspot.com/

Instagram:
https://www.instagram.com/foroautomocion/

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO

O pasado venres, 14 de abril, publicouse no DOG a Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311D). O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023. Pode acceder a máis información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

NOVOS HORARIOS FP BÁSICA 2 (FASE DE RECUPERACIÓN)

Achéganse os novos horarios de FP Básica 2 de Servizos Administrativos e Mantemento de Vehículos correspondentes á fase de recuperación.

ITINERARIO VIAXE A PARÍS

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE ESTUDOS PARA O CURSO 2023/24 (ENSINANZAS POSTOBRIGATORIAS)

O Ministerio de Educación e Formación Profesional vén de convocar bolsas de carácter xeral para o curso académico 2023/2024 (publicado no BOE o 17 de marzo) para estudiantes que cursen estudios postobrigatorios.

Na referida convocatoria establécese o prazo de solicitude tanto para alumnado que se atope cursando ensinanzas universitarias como para o que se atope cursando ensinanzas postobrigatorias e superiores non universitarias.

O prazo de solicitude será do 27 de marzo ata o 17 de maio de 2023.

Para máis información, preme no seguinte enlace.

 

 

ESA 3. CALENDARIO PROBAS CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

Achégase o calendario para a realización das probas correspondentes á convocatoria extraordinaria de ESA Módulo III.

Distribuir contido


by Dr. Radut