Esquema de temas

    • Novas xerais e anuncios
    • Explica ás familias o proxecto EDIXGAL

  • Contidos das xornadas de formación de EDIXGAL do curso 2023-2024

    Contidos vistos na primeira xornada (14 de setembro de 2023):

    • Estivemos repasando como crear unha materia nova.
    • Como crear os grupos e agrupamentos para introducir restriccións de acceso nas actividades que fagamos
    • Como descargar os contidos dos libros dixitais.
    • Como modificar o contido na editorial Aula Planeta a través do editor de actividades e recursos.
    • Repasamos as utilidades que temos en "O meu escritorio": refrescar credenciais, configurar o perfil de usuario, o uso do eva offline e a utilidade do calendario.
    • Como crear unha etiqueta
    • Como crear novos bloques no lado dereito da interfaz e en concreto a utilidade da "bolsa de recursos".

    Contidos vistos na segunda xornada ( 21 de setembro de 2023):

    Alba Fuentes explicou como se configura a avaliación na plataforma de EDIXGAL. Esta función permite asignar a cada avaliación as tarefas e cuestionarios que fagamos co alumnado, dándolle un valor aos mesmos items que temos na programación ( probas, tarefas de clase, caderno de clase....).


    Contidos vistos na terceira xornada ( 28 de setembro de 2023):

    Nesta xornada vimos:

    • Como configurar as rúbricas que van asociadas as tarefas e a súa avaliación.
    • Como crear cuestionarios en Edixgal.
    • Como crear restriccións de acceso ás tarefas.


    • A profesora Alba Fuentes indicou na primeira xornada a utilidade da "bolsa de recursos". 

      A posibilidade de pasar ficheiros con contidos, actividades, ligazóns duns cursos a outros dentro da plataforma, que antes era a través da creación dunha copia de seguridade, agora está máis simplificado a través deste recurso.

      Alba cedeunos, xenerosamente, un arquivo onde se explica como hai que facer. 

    • A profesora Alba Fuentes explica novidades para facer máis interactivo o libro de Smart Netex

  • Ligazóns de portais con titoriais dos Contidos do curso EDIXGAL

  • Contidos deste curso

  • Secuencia dun contido dixital

  • Ferramentas de autor

  • Traballamos con Genially

  • Traballando con EXELEARNING

  • DRUPAL