Esquema de temas

  • 3, 2, 1! COMEZAMOS!!!

    Case non queda nada para que comece o programa 21 Días! Tres semanas de inmersión lingüística en galego!!! Seremos quen?

    Pois claro que si!!! O importante é o camiño que imos facer xuntos e que ten un obxectivo mellorar as nosas competencias orais con compromiso e dun xeito divertido.

    Hai algo que che vai axudar, sabes que? Que non hai galego mal falado, o único galego mal falado é o que non se fala.

    Para irnos metendo no papel, déixovos estas reflexións de Esther Estévez, a presentadora do Dígocho eu! e dunha intervención que fixo nas xornadas de dinamización lingüística LGX15: E falarei como eu queira, ou?

    Outra cousiña! Abaixo deixo os modelos de autorización e a carta de presentación ás familias, por se vos fixese falta.

  • SESIÓN INAUGURAL SEMANA 1

    • 21 Días co galego e máis! Presentación do programa e desenvolvemento (acceso ao blog).
    • Primeira tarefa de reflexión (vid. máis abaixo)
    • Lectura  "Instrucións para falar en galego" de Made in Galiza Séchu Sende (vid. máis abaixo) ; visionado dunha adaptación  que fixo o alumnado do IES Fermín Bouza Brey. Reflexión do autor: “Se cambias de lingua, cambias de vida”.E ademais, Séchu mándanos un saúdo
    •  Análise da situación actual da nosa lingua.
    •  Inauguración conxunta dos 10 centros participantes no programa, conexión coa radio (FALTA QUE ACHEGUEN LIGAZÓN). Intervirán: Valentín García Gómez (Secretario Xeral de Política Lingüística); Víctor Freixanes (Presidente da RAG), Pilar Ponte e Roxelio García (coodinadores do programa). Nas seguintes sesións, conectarémonos á unha da tarde co programa Galicia por diante da  Radio Galega.

  • Sesión 2 DOBRE PROPOSTA SEMANA 1

    PROPOSTA 1

    DICÍMOSCHO NÓS!!! TRABALLAMOS O LÉXICO DE XEITO GUIONIZADO

    • Creación Dígocho eu¡ Reparto de grupos de temática. Podemos botar man do libro de texto.
    • Visonado de diferentes vídeos do Dígocho eu!. Aquí tedes algún: Non digas granizo, Non digas ventana nin ventanilla, Non me fales con tempos compostos, Non me chames rubia, 300 capítulos.
    • Non só se trata de seleccionar tema e vocabulario, tedes que facer un pequeno guión
    • Os grupos deberían de ser mínimo de 3, máximo de 5.
    • Algúnhas cousiñas: erros frecuentes (desenvolver *desenrolar; cuchilo* coitelo, cuello* pescozo, *escea escena, ...); familias léxicas e  verbos irregulares;  interferencias: castelanismos, vulgarismos, hipergaleguismos….. O portugués tamén está presente nos Dígocho eu! Se vos animades podedes facer algún apuntamento lusófono!

    -          Duración :1 minuto mínimo, máximo 2, son vídeos moi curtiños.

    No seguinte enlace podedes atopar máis orientacións para elaboralos:

    ESTRUTURA "DÍGOCHO EU"

    PROPOSTA 2: Entre donas nas beiras do Lerez

    Presentación de  poemario de Árbores no deserto... Visionado da performance de Rosalía.

    Mulleres e poesía: Obradoiro de recreación literaria.

    Minuto 08.06.50.

    Árbores no deserto

    No zig zag

    Conversa con Alba Cid

     

    • Sesión 3 SEMANA 1

      Sesión 3

      A moitos vaivos coincidir a terceira sesión mañá, 24 de febreiro,  e sabedes que día é? Pois é o día de Rosalía!!!!!  Aquí podedes atopar algúns recursos da autora e non vos perdades esta performance de Rosalía Fernández Rial recreando a Rosalía!!!

      Na medida en que poidamos intentaremos celebrar esta data tan significativa para nós e continuaremos coa sesión anterior, facendo e corrixindo os guións do Digocho eu!

      Unha cousiña máis, non esquezades facer fotos e gravar algunha mostra das actividades.

      • Sesión 1 SEMANA 2

        Sesión 1

        PROPOSTAS PARA TRABALLAR EN 1ºESO

        A) Os preconceitos lingüísticos.

        B) Lusofonía

        PROPOSTA 3º e 4ºESO

        Sociolingüística: As variedades (3º/4º ESO ). Textos orais  ogalego.eu.

        Actividade: Como é o galego de Pontevedra? Características lingüísticas en función da zona dialectal (Dialectoloxía Fernández Rei)

        Máis abaixo tedes un power point que contén moita información sobre trazos dialectais e como se distribúen no noso territorio. Entre todos iremos vendo os mapas e recollendo por escrito cales son os fenómenos máis característicos da nosa variedade.

        VIDEOCONFERENCIA CO EQUIPO DO DÍGOCHO EU! LUNS, 1 DE MARZO ÁS 10:40

        https://eduxunta.webex.com/eduxunta-pt/j.php?MTID=mdffd1bcfb23b1aa0139d9ef6f4a641a6

        Número da reunião (código de acesso): 121 568 2885

        Senha da reunião: eWeCrfMtpwi

      • Sesión 2 SEMANA 2

        Sesión 2: como sabedes, xa estamos chegando á metade do proceso e temos programada unha sesión de REFLEXIÓN GRUPAL (son 21 días, e aquí andaríamos  pola metade, 10-11 días dende o inicio).  Se queredes mudar a sesión grupal de día, non hai ningún problema mais lembrade que se ten que desenvolver ao longo desta segnda semana.

        Que é a lingua para min

        Documental Memoria da lingua (fragmento). Documental completo.

        Documental Linguas cruzadas

        O que pretendemos é que acheguedes a vosa perspectiva do proceso, como ides, se vos custa, en que ámbito tedes máis dificultades...

        • Sesión 3 SEMANA 2

          PROPOSTAS:

          1. Continuación das iniciativas da sesión 1.

          2. Os máis espelidos e as máis espelidas iredes preparando o terreo para a vindeira semana: RADIO e TV. Tipoloxía textos orais: o texto informativo/expositivo e o argumentativo. Pídula informativa e debate radiofónico.

          • Sesión 1 SEMANA 3

            CELEBRAMOS O 8 DE MARZO.

            Aquí vos deixamos unhas propostas para reivindicar

            1ª MODALIDADE: Desde a aula cos ordenadores EDIXGAL (1º e 2º ESO)  mediante estes enlaces:

            https://view.genial.ly/603e9af2a0174c0d16341869/interactive-content-genially-sin-titulo (ACTIVIDADES DE PREGUNTAS SOBRE 10 DAS MULLERES QUE SAEN NO MAPA)

            2ª MODALIDADE: O alumnado baixa á entrada e a través dos códigos QR, busca a información necesaria para cubrir o pasapalabra

            As respostas téñenas os/as profes no seu correo.

             

          • Sesión 2, SEMANA 3

            E chegamos á terceira semana destes 21 días tan intensos. Aquí vos vai a última proposta:

            GUIÓNS  RADIO E/OU  PÍDULAS DE TV (informativo breve). Estas tarefas pódense desenvolver de xeito individual ou grupal

            1ºESO, 3ºESO: GUIÓNS DE RADIO  e/ou  PÍDULA TV . Proposta temática

            • Pídula ou guión sobre a muller en diferentes etapas da historia.  Quen queirades traballar este tema, tedes ao voso dispor un genial.ly elaborado polo departamento de historia con moito material. Trátase de seleccionar unha ou varias etapas e documentarvos sobre elas coa información que vos trae o genial.ly e a partires diso crear, ben un programa de radio ben un de TV.
            • Malala. Temos un guión (vid. máis abaixo) en castelán que fixo a profe Lucía con alumnado de 2ºESO. Trataríase de traducilo e gravalo. Do mesmo xeito que o anterior, podería estar enfocado a un programa de TV ou de Radio.
            •  Mulleres científicas (departamento de bioloxía )
            • Calquera traballo audiovisual dos que levamos feito. Algúns de vós fixestes receitas, outros, entrevistas ficticias a mulleres emblemáticas....Quen queira pode facer con isto, un novo traballo. Por exemplo, os que elaborastes as entrevistas, podedes facer  un programa falando en xeral da autora e logo, presentades a entrevista e incluídela (pode ser unha idea).
            • Prexuízos ou variedades dialectais. Pídula sobre o galego de Pontevedra.
            • Pídula sobre mulleres autoras (1º ESO).
            • Pídulas receitas "Na cociña entramos todxs")
            • Tema libre. Seleccionades o tema que queirades pero que teña unha vinculación coa muller. Por exemplo, xa houbo unha proposta para facer unha pídula sobre grupos de música en galego e pódese facer sen problema, o que deberiades é darlle a mesma importancia. É dicir, mesmo número de cantantes masculinos que femininos...

            4º ESO: PROPOSTAS 

            A)    AUDIOVISUAL BREVE COAS CONCLUSIÓNS FINAIS DAS ENTREVISTAS REALIZADAS NO MARCO DO PROXECTO DONAS DE SI ÁS BEIRAS DO LÉREZ.

            B) GUIÓN PARA DEBATE RADIOFÓNICO (OU AUDIOVISUAL) CON TEMAS RELACIONADOS COA LINGUA E COA IGUALDADE (4ªESO) //Tedes que formar equipos e concretar o tema para debater .  Unha vez que isto se determine, tedes que preparar o tema, é dicir,  tedes que informarvos no voso tempo libre.

            • Novas masculinidades
            • Micromachismos
            • Ecolingüismo / Imperialismo lingüísico
            • Reintegracionismo ou isolacionismo

            C) MÚSICA

            http://www.gzmusica.com/

            Presentación de videoclips de grupos e cantantes galegos. ( Gzmúsica)

            Do mesmo xeito que o anterior, esta información pode servir para face unha pídula ou un guión (ter en conta o tema dos dereitos de autor para a montaxe

          • Sesión 3 SEMANA 3

            FINALIZAMOS 21 DÍAS! Agardamos que sexa o comezo de novos e bos costumes.

            Esta última sesión podémola aproveitar para rematar os traballos e valorar o proceso. Para isto, imos poñer ao voso dispor unhas enquisas para que as cubrades en rede.

            Por outra banda, algúns grupos asistirán a un obradoiro literario sobre Invisibles con Montse Fajardo.

            • Rematamos!

              Isto finaliza! Estamos no último día! 

              Agardamos que isto non fique aquí e sexa o comezo de novos e bos costumes. Para sermos bilingües ben sabedes que temos que falar ambas linguas. 

              Déixovos máis abaixo a 3ª Reflexión

              Achegádea onde, cando e como vos indiquen os voso profes. 

              Graciñas pola vosa participación, esforzo e moito ánimo para seguirmos camiñando xuntos da man da nosa lingua.