Nota informativa rifas viaxe fin de curso

Respecto das rifas que o alumnado puxo á venda para a financiación da viaxe de fin de curso e na que se sortea unha estadía nunha casa de turismo rural, temos que informar que houbo un erro na imprenta e a data do sorteo impresa non é a correcta.

A data correcta do sorteo é o 29 de xuño de 2024 da Lotería Nacional.

 

BONO DEPORTE

A Xunta de Galicia ven de aprobar o Bono Deporte; este Bono funciona a través dunha aplicación móbil e o importe irase descontando en función do valor da compra que se faga nos establecementos adheridos ó programa.

A descarga dos bono estenderase do 8 de xaneiro ao 29 de febreiro de 2024. Unha vez descargado o bono poderase utilizar ata o 1 de xullo.

Cada beneficiario disporá como máximo dun bono desconto por cada menor de 6 a 16 anos por un importe de ata 120€ que se poderá descontar nos distintos establecemenos comerciais participantes e que se identificará co distintivo da campaña. Se non see consume na súa totalidade nunha compra pode empregarse en máis establecementos ata que se esgote o seu importe ou o orzamento da campaña e ata o 1 de xullo de 2024.

O bono terá a consideración de bono desconto do 80% da compra ou servizo adquirido. Pódense consultar os establecementos adheridos ó programa (tendas de deporte, clubs deportivos, ximnasios, clínicas de fisioterapia, ...) na mesma páxina que se usa para darse de alta.

É requisito para poder acceder a este Bono, ademais da idade, que estean federados ou rexistrados no programa Xogade.

O I.E.S. Ponte Caldelas ven participando neste programa a través de diferentes actividades e modalidades que se lle ofertan ó alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO. Neste curso as actividades que se fixeron foron un Cross escolar celebrado en Caritel e unha proba de Deporte Escoalr que se celebrou no IES de Tenorio.

MENÚ COMEDOR XANEIRO 2024

Menú base e dietas especiais do comedor correspondentes ao mes de xaneiro de 2024. (Para velo abrir o adxunto)

CAMPIONATO GALEGO DE CROS

O noso alumno Olivier Rodríguez Senra, de 1º ESO A, clasificouse para o Campionato Galego de Cros que se disputará o vindeiro sábado 13 de xaneiro en Ribadavia. Parabéns Olivier e moita sorte para a proba!

BO NADAL

Dende o IES de Ponte Caldelas queremos desexarlles un bo nadal en compañía dos seus seres queridos.

Lembrámoslles que as actividades lectivas comezarán de novo o luns día 8 de xaneiro.

Durante este periodo atenderémoslles a través do noso correo electrónico ies.pontecaldelas@edu.xunta.gal