INSCRICIÓN NAS PROBAS DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIA DIXITAL

Amplíase ata o 15 de marzo o prazo de solicitude e inscrición nas probas específicas para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa 4º de educación secundaria obrigatoria e 2º de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Para máis información ver o arquivo adxunto "Resolución acreditación competencia dixital.pdf"

MENÚ COMEDOR MARZO 2024

Menú base e dietas especiais do comedor correspondentes ao mes de marzo de 2024. (Para velo abrir o adxunto)

Recitado de poesias de Rosalía de Castro

26/02/2024 08:29

No recreo do 23 de febreiro fíxose un recitado por parte do alumnado do centro, de poesias de Rosalía. Breixo Ramírez ( na foto) gañou un premio polo seu vídeo poema.

 

 

Gañadores do Concurso de "Cartas de amor non romántico"

26/02/2024 08:23

Aqui tendes os gañadores do concurso de "Cartas de amosr non romántico":

Os tres de 1º ESO, Gael Carballo, Pepe Zas e Jabob Emrys Arca e unha mención especial para Alicia Arruti de 4º pola súa carta "Queridas ganas de cambio".

                                                                           

Charla sobre Toponimia no IES de Ponte Caldelas.

21/02/2024 12:52

Hoxe, día 21 de febreiro, tivemos a honra de recibir no noso centro a Vicente Feijoo, membro da RAG, para falarmos da importancia da conservación dos topónimos e da aplicación que nos pode axudar a engadir topónimos dos nosos pobos, Galiza Nomeada. Animamos ás familias a participar nesta divertida actividade, que sólo precisa dun móbil e gañas de introducir nesta aplicacións topónimos que poden chegar a perderse caso de non seguir utilizando. Galiza Nomeada é unha aplicación moi doada de utilizar. Na aula de Dixitalización en 4º ESO imos introducir topónimos que non están incluidos. Cada alumno do seu pobo ou lugar. Micro e macro topónimos.