Skip to Content

Física e química

Charla de óptica

O día 16 de marzo o alumnado de 2ª de bacharelato de ceiencias e o alumnado do club de lectura de ciencias disfrutou dunha espectacular charla de óptica a cargo do catedrático da UVigo J. Benito Vázquez.

Visita ao CIQUS

O pasado 11 de Marzo, o alumnado de 1º de bacharelato tivo a oportunidade de visitar o CIQUS. Puideron ver as instalacións, realizar experimentos e falar con investigadores punteiros no eido da Química.

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia II

A nosa compañeira de Física e Química Marta Aguirre, xunto co seu alumnado, veñen de mostrarnos uns pósters de científicas galegas ilustres para conmemorar este día. Excelente traballo.

Alumnado no Premio Stephen Hawking

O 18 de Febreiro Noelia García e Eugenia Saavedra defenderon con éxito o seu traballo titulado "Simulación e estudo comparativo do efecto protector do ión fluoruro contra as caries" Parabéns.

Dia Internacional da Muller e da Nena na Ciencia I

O luns 7 de Febreiro o centro contou cunha visita moi especial. A catedrática de farmacoloxía pola USC Mabel Loza veu dar unha charla moi ilustrativa ao noso alumnado de 2º de bacharelato de ciencias. Desde o centro só podemos agredecer a Mabel as facilidades dadas e a súa dispoñibilidade. Deixamos un enlace e algunha foto da actividade.

 

Club de Lectura de Ciencia

Durante a segunda avaliación estaremos sumerxidos na lectura dun libro cunha moi boa valoración por parte da crítica especialista. Estamos a falar de Sapiens: Una historia gráfica.

Club de Lectura de Ciencia

Continuamos durante o mes de Decembro a ler o libro de José Manuel López Nicolás "La ciencia de los campeones".

O alumnado está a disfrutar moito da lectura. Pronto engadiremos algunha actividade da que fixemos durante as reunións.

Conferencia do Doutor Juan Calderón

O pasado 26 de Outubro o Doutor en física Juan Calderón, ex-alumno do centro, impartiu unha conferencia na biblioteca do centro sobre buratos negros e ondas gravitacionais. O alumnado de 1º e 2º de bacharelato de ciencias pudo disfrutar dunha charla de algo máis de 1 hora de duración.

Premio Stephen Hawking

O pasado 19 de Outubro, unha delegación do IES visitou o IES Rosalía de Castro de Santiago para acudir a presentación do IV Premio Stephen Hawking. Este ano o premio contará coa presencia do doutor Ángel Carracedo como figura de referencia. No seguinte enlace veredes a información relativa ao evento aparecida no periódico El Corrreo Gallego :

Distribuir contido


by Dr. Radut