Skip to Content

Xornada de acollida das familias do alumnado da ESO

O día 15 de outubro (xoves) terá lugar a sesión de acollida das familias do alumnado da ESO. A actividade dará comezo ás 19.30 horas na aula Audiovisuais 3 e desenvolverase de acordo co seguinte guión:

  1. Entrega de documentación e saúdo de benvida por parte do director.
  2. A orientadora informará ás familias dos asuntos relacionados co seu departamento.
  3. Os pais acompañarán á aula ao titor/a do seu fillo/a, onde os informarán dos asuntos académicos e de orde que consideren relevantes, segundo o tratado nas reunións de Orientación.


story | by Dr. Radut