- Todo o profesorado está dado de alta para publicar na web, se non recorda o seu contrasinal ou pensa que non está rexistrado debe porse en contacto co dinamizador TIC por correo electrónico indicando no asunto da mensaxe “REXISTRO PARA PUBLICAR NA WEB”. O dinamizador TIC indicaralle o seu nome de usuario e o contrasinal.
- Todo o publicado na web queda asociado ao autor, polo que este é o único responsábel do publicado. É por isto que é fundamental unha correcta xestión tanto do nome de usurio coma do contrasinal.
- O publicado debe estar dentro das liña do Proxecto Educativo do Centro.
- Débese gardar a imaxe corporativa da web do centro, polo que se debe evitar copiar e pegar directamente de procesadores de texto porque gardarían o formato e poderían crear problemas na imaxe da web.
- Se o que se quere é publicar unha nova puntual o coordinador TIC poderá publicala. Para isto débese:
- Enviar un correo ao coordinador TIC (xrodriguezgonzalez@edu.xunta.es) co asunto “PUBLICAR NA WEB DO CENTRO”.
- Achegar un ficheiro coa mensaxe que se quere publicar, tendo en conta que é para a web, polo que non debe ser demasiado extenso.
- Se se quere inserir unha imaxe débese indicar o URL da imaxe ou achegar un ficheiro coa imaxe (jpeg, gif, jpg ou png).
- O profesorado que solicitou a publicación debe comprobar que estea correcto e indicarllo ao coordinador TIC por correo electrónico, o prazo de publicación é de aproximadamente 15 días.