Ola mozos e mozas!
Proximamente estará á vosa disposición na web do centro a adaptación da programación, no apartado " Programacións /maio 2020". Mirade o punto 2 que trata sobre a avaliación e a cualificación.
Debedes comunicárllelo ás vosas familias.
A continuación envíovos as tarefas para as vindeiras semanas.
Repasar a Gramática e a Ortografía
Este días aproveitade para repasar, que ben nos cómpre!
Nestas ligazóns tedes todo tipo de exercicios con autocorrección. Non fagades trampas porque non vén a nada.
Cada un que faga aqueles que considere que lle son máis necesarios. Se algún vos resulta complicado pasade a outro, tedes onde escoller.
ESTES EXERCICIOS SON PARA FACER POLA VOSA CONTA. ANIMÁDEVOS !!!
Repasade a Ortografía:
https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/ortografia.htm
E a Gramática :
. O substantivo e o adxectivo:
https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/subs_adx.htm
http://aprendogalego.com/apgal_fin/2-Substfin/o_substantivo_definicin_e_clasificacin.html
https://gl.wikibooks.org/wiki/Curso_de_lingua_galega/O_substantivo/O_x%C3%A9nero
https://gl.wikibooks.org/wiki/Exercicios_de_morfosintaxe_en_lingua_galega/substantivo/X%C3%A9nero
http://cotovia.org/proxecto/mor/mor_sub_01.html?orix=mor&tema=mor_sub_01.html
http://cotovia.org/proxecto/mor/mor_adx_01.html?orix=mor&tema=mor_adx_01.html
SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO
Os alumnos ou alumnas que teñades actividades sen entregar tedes que enviarmas ao correo antes do 22 de maio.
SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO
- Ficha de repaso (Ver arquivo)
Tedes que enviarma ao correo antes do 29 de maio.
Tamén vos convido a que visualicedes no youtube o "Telexornal do CPI Os Dices sobre Carvalho Calero", escritor ao que está dedicado este ano o Día das Letras Galegas. Esta é a ligazón:
https://www.youtube.com/watch?v=o-LfGDiXTOY
Un saúdo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
FICHA DE REPASO . SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO. (Acentuación e formación do plural).doc | 15.1 KB |