Skip to Content

1º BACHARELATO. LINGUA E LITERATURA GALEGAS

Bo día rapaces e rapazas!

O traballo que vou enviar é para 2 semanas. Semana do 23-27 e semana do 30-3. Logo xa son vacacións de semana santa. Entre tanto a ver se vai fuxindo o bicho.

  1. O libro de lectura para a 3ª avaliación vai ser Resistencia, de Rosa Aneiros. Se algún o leu xa, que mo comunique. Hai librarías abertas e suponse que llelo serven.
  2. Agora volvemos ao libro. Imos pasar á Unidade 13: Séculos Escuros e Pre-rexurdimento. Creo que é máis doado este tema para estudardes sós. Non ten complicación ningunha e non imos analizar obras del. Entón trátase de que o leades e o estudedes (esquemas, resumos, etc.). Se hai algunha dúbida, xa sabedes: correotitora@gmail.com

Deste tema imos facer actividades que nos obrigan a entendelo. Aí van:

Páx. 279: 1,2

Páx.281: 4,5

Páx. 284: 6,7,8

Páx. 285: 1

Páx. 287: 1,2

Páx. 289: 3,5

Páx. 291: 9,10

Páx. 292: 1,2,3

Páx. 293: 1,2,3

Parecen moitos, pero simplemente son repaso de teoría.

Todas estas actividades deberedes telas no voso caderno á volta ao centro. Alí correxirémolas. Creo que é bo que vos organicedes diariamente, do contrario vai ser un caos.

Lembrade que á volta temos pendente o exame do tema 3, e tamén imos engadir o tema 4. Polo tanto tédeos estudados.

Un saúdo

Isolina



story | by Dr. Radut