Se vostede é pai/nai/titor legal dun alumno/a matriculado no centro, ten un teléfono móbil “intelixente” e nos ten comunicado no centro o seu número de teléfono (pode facelo poñéndoo nos datos do impreso de matrícula, ou dirixíndose ao centro en calquera momento) pode descargar a aplicación gratuíta abalarMóbil da Consellería, que lle permitirá consultar e recibir alertas coas faltas de asistencia do seu fillo/a, consultar as cualificacións etc.
Se o seu sistema é Android búsquea e descárguea desde o Play Store, e se é IOS desde o Apple Store.
O primeiro paso que debe realizar é o rexistro. Para iso debe introducir o seu número de teléfono móbil e premer en “Enviar”. A continuación recibirá unha mensaxe cun código que terá que introducir na pantalla correspondente e premer en “Enviar código”.
Na seguinte pantalla solicítase un contrasinal (mínimo 8 caracteres con algunha maiúscula, algunha minúscula e algún número), que será o que utilizará para acceder á aplicación. Deberá escribilo nos dous recadros e premer en “Aceptar”.
A continuación, aparecerá unha pantalla na que se indica que o rexistro foi completado correctamente. Para finalizar, soamente é preciso premer en “Continuar” e acceder a abalarMóbil co contrasinal elixido para poder visualizar os datos e toda a información do alumno/a.
Se lle aparece unha mensaxe de que o seu teléfono non está asociado a un alumno/a, ou de que existe máis dun usuario con ese número, consulte na secretaría do centro.
Máis información, cun vídeo explicativo, unha guía de uso e un apartado de “Preguntas e respostas” en: