Skip to Content

Cultivando Habilidades

 

FICHA 6 Quérote +

CULTIVANDO HABILIDADES

 

Desenvolvemento da actividade O alumnado séntase en círculo. Dous voluntarios/as representarán unha situación na que un/a exercerá presión sobre outra persoa, collendo como exemplos, as situacións que se presentan.

a) Levas tempo cunha persoa e esta proponche ter relacións sexuais baixo o argumento de que “todos os meus amigos e amigas xa o fixeron”. Cal sería a túa réplica?

 b) Estades todos/as nun parque no que hai xente consumindo alcol e fumando porros. Ofrécenche fumar pero ti non queres. Que argumentos empregarías para expresar que non desexas consumir?

c) A túa parella pídeche como mostra de amor que te tatúes o seu nome. Como actuarías?

d) Viches en Instagram que está de moda o pelo gris e a xente do teu grupo está empezando a tinxir o pelo pero a ti non che gusta. Como reaccionarías aos seus comentarios de que “non vas á moda”?

Tras a representación, as persoas voluntarias reflexionarán sobre como se sentiron, tanto a persoa que realizaba a presión como a que respondía ao verse presionada. Posteriormente o grupo analizará como defendeu a súa posición a persoa que resistía a presión, e comentará outras posibilidades de resposta á situación suscitada.



story | by Dr. Radut