Mitos do amor romántico
Ficha: 4 Programa Quérote +
Desenvolvemento da actividade:
Nesta actividade búscase que os mozos e mozas investiguen e exploren en diferentes medios as mensaxes que recibimos en torno ao amor romántico. Poderán elexir cancións, películas, series, libros ou algún anuncio publicitario e realizarán a tarefa de modo grupal (4-5 por grupo dependendo do número de alumnos/as).
Como soporte orientativo dispoñen do seguinte guión:
1. Recurso que hai que analizar
2. Protagonistas e participantes
3. Rol do sexo masculino
4. Rol do sexo feminino
5. Mensaxes
6. Que adxectivos emprega para definir o amor?
7. Como definides vós o amor?
O/A profesor/a contará co seguinte material de apoio que poderá empregar na aula para axudar a comprensión da actividade e dos obxectivos que se perseguen.
Saraiba é un equipo de psicólogas e pedagogas que traballan en diferentes campos relacionados co acoso escolar e a violencia de xénero. O seu proxecto “#CTRL non é amor” traballa a prol da igualdade entre os sexos. Web: www.ctrlnoneamor.tk
Outros vídeos sobre a temática:
https://www.youtube.com/watch?v=HsdSb_NAvWU
http://jaimeburque.com/blog/walt-disney-y-el-amor/
https://www.youtube.com/watch?v=CBtR1Do46vw
https://www.youtube.com/watch?v=Iq4dooOEQGI
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Mitos do amor romántico quérote +.pdf | 352.1 KB |