2010/11

Entrevista a García Mc

Serxio García , cantante do grupo "Dios ke te Crew", estivo no noso instituto realizando un obradoiro de hip-hop para os de 4º ESO.

Pasou polos micrófonos de Onda Raia para darnos amosarnos  ritmos do  hip-hop, en galego!

Grazas García Mc. Un pracer!

Un paseo polas Gándaras de Budiño

O profe Xaquín cóntanos como se desenvolveu a xornada cos alunmnos/as de 1º na saída ás Gándaras de Budiño. Un paseo pola natureza...

Un percorrido pola secundaria

A nosa directora, Chefa, entrevista a tres alumnos/a, Rubén Fandiño, Javi Ucha e Adriana Alonso que rematan a etapa de secundaria. Un percorrido a través de dous alumnos e unha alumna moi diferentes.

 

Despedimos o curso cunha ruta literaria pola Ribeira Sacra

Despedimos o curso cunha ruta literaria pola Ribeira Sacra

Os pasados días 22 e 23 de xuño os/as compoñentes do club de lectura, os MQs e o equipo de biblioteca ao completo (incluído o noso predecesor e benquerido compañeiro José Luís) marchamos de excursión para facer unha ruta literaria por terras do noso poeta homenaxeado nas Letras Galegas deste ano, Lois Pereiro.

Graffiteiros no instituto

Graffiteiros no instituto

A partir dun taller de graffiti que se celebrou no insti algúns alumnos/as anímaronse a colorear algúns muros do centro. Podedes fixarvos na foto que estilo teñen. Aproveitamos o seu graffiti para darlle un aire xuvenil e moderno á nosa páxina como podedes comprobar na nova cabeceira.

Obradoiro de hip-hop

Obradoiro de hip-hop

No mes de maio tivemos un obradoiro de hip-hop pola rapera viguesa AID que resultou moi motivadora para todo o alumnado que asistiu. Ademais de aprender o ritmo da palabra poidemos disfrutar dunhas orientacións sobre o baile e o graffiti, dúas manifestacións máis da cultura do hip-hop.

Aí vos deixamos unha reportaxe da tvg sobre Aid, para que coñezades algo máis dela. Tamén vos remitimos a entrevista que está publicada neste mesmo blog por un alumno de 1º da ESO e que resultou gañadora do concurso de periodismo xuvenil da Voz de Galicia.

Petroglifos de Tourón

Petroglifos de Tourón

O 11 de maio os alumnos/as de 1º de ESO viaxaron a tempos remotos para coñecer, da man dos profes de CCSS, os petroglifos de Tourón.

Semana matemática de Caixanova

Semana matemática de Caixanova

Os alumnos/as de 1º da ESO participaron o xoves 12 de maio, un ano máis, na Semana matemática organizada por Caixanova en Vigo.

Porto de Vigo

Porto de Vigo

Os alumnos de 3º de ESO visitaron os días 3 e 4 de maio o Porto de Vigo, acompañados polos profes de CCSS e Tecnoloxía para coñecer de preto un dos portos máis importantes de España.

Powered by Drupal - Design by artinet