ABAU E TÍTULO DE BACHARELATO

 

ABAU 2024

 

TRAMITACIÓN TÍTULO DE BACHARELATO

O alumnado que estea proposto para o título de Bacharelato ten que cubrir o Modelo A1(acceso directo máis abaixo) para facer o depósito do Título. Unha vez realizado o pagamento , achegarase xustificante á secretaría do centro. As taxas son:

    • Tarifa normal : 54 euros.
    • Familia numerosa categoría xeral: 27,03 euros.
    • Familia numerosa categoría especial 0 euros.

O desconto por familia numerosa ten que acreditarse mediante unha copia do carnet de familia numerosa (non caducado) no momento de presentar o xustificante de pagamento.

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 24/25

 

Calendario do procedemento de admisión e matrícula Curso 24/25

Oferta Vacantes Curso 24/25

 

TODA A INFORMACIÓN DO PROCEDEMENTO tal e como se establece na Orde de 21 de outubro de 2022, pode consultarse no taboleiro da Secretaría do centro ou na aplicacion admisiónalumnado

Pode accederse ao anexo premendo no seguinte enlace: Anexo II

Resumo do proceso de admisión

BECAS DE CARÁCTER XERAL PARA O CURSO ACADÉMICO 2024-2025 PARA ESTUDANTES QUE CURSEN ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS

No arquivo adxunto podedes ver un resumo das becas

Premer na seguinte ligazón para acceder á páxina https://sede.educacion.gob.es

 

LETRAS GALEGAS 2024

Con motivo das Letras Galegas o departamento de Dinamización da Lingua organizou unha serie de actividades para coñecer a figura homenaxeada este ano, Luísa Villalta, senón tamén para divulgación e desfrute da cultura galega.

O encontro cos regueifeiros Luís Caruncho e Bieito Lobariñas tivo lugar o martes 14 de maio. Inicialmente estaba previsto que fose no Auditorio de Salceda de Caselas en dous pases diferentes (primeiro un para 1º e 2º de ESO; e logo outro para 3ºe 4º de ESO e 1º de Bacharelato); pero, por mor da chuvia, finalmente foi no mesmo instituto en catro pases (un para 1º de ESO, outro para 2º de ESO, outro para 3 de ESO e un 4º para 4º de ESO e 1º Bacharelato) .

 

No encontro, os regueifeiros, ademais de botar man da retranca nun diálogo cantado e improvisado no que abundou o humor e a ironía, tocaron múltiples instrumentos tradicionais galegos (pandeiro, pandeireta, zanfona, gaita…).

Para continuar a conmemorar as Letras Galegas 2024, o xoves 16 de maio celebrouse o xa institucionalizado Maratón de Lectura. Por mor da chuvia, a lectura ininterrompida en voz alta de parte da obra da autora homenaxeada fíxose na biblioteca. Participaron alumando e profesorado, aos que se lles agasallou cun diploma.

E finalmente, en coordinación co departamento de Educación Física, a semana do 21 ao 24 de maio organizouse unha busca do tesouro sobre Luísa Villalta polo recinto do centro.

 

EDDLG principal.png

CONCURSO RELATO CURTO ABRIL

Comezamos o mes de maio a voltas xa coas Letras Galegas, dedicadas este ano a Luísa Villalta. Publicamos os relatos gañadores de abril que, nesta ocasión, veñen con novidades, xa que temos un novo vencedor en 1º B.

Se queredes lelos, só tes que premer nos cursos:

1º B

4º A

Noraboa e a seguir participando, que só queda este mes!

CONCURSO RELATO CURTO ABRIL

CONCURSO RELATO CURTO MARZO

No mes de marzo volveron participar as alumnas incondicionais do noso concurso, isto é Irene Iglesias de 1º B e Lucía Fernández de 4º A.

Se os queredes ler, podedes facelo premendo en:

1º B

4º A

Noraboa e agardamos que o mes de abril veña máis cargadiño de relatos!

CONCURSO RELATO CURTO MARZO

CONCURSO RELATO CURTO FEBREIRO

Metidos no mes de marzo e a voltas co Día da Muller, publicamos os relatos gañadores do mes de febreiro.

Se queredes lelos, só tes que premer nos cursos:

1º B

4º A

Noraboa e a seguir participando!

CONCURSO RELATO CURTO FEBREIRO

Powered by Drupal - Design by artinet