2012/13

Tamén len, en maio... con Marcos Besada EDICIÓN NÚMERO 50

Tamén len, en maio... con Marcos Besada   EDICIÓN NÚMERO 50

Para rematar este curso de interesantes sesións mensuais de lecturas e conversas compartidas con diversas persoas da contorna, e coincidindo coa sesión número 50 do Tamén Len, que mellor que volver a contar coa presenza compracida do alcalde de Salceda, Marcos Besada, que sempre tenta acudir á nosa chamada para colaborar nas actividades que lle propomos.

Porque dende aquel 27 de febreiro de 2007 xa pasaron pola nosa Calixtina 50 lectores/as a facernos disfrutar coa súa lectura e a falarnos de todo un pouco.

Foi inaugurado o acto pola música dos expertos gaiteiros Aitor e Christian, alumno e exalumno respectivamente. Seguiu a presentación feita para esta ocasión tan especial, polo verbo ilustrado de José Luis, o noso mestre-bibliotecario e artífice destas sesións que teñen tan longa vida, quen encantado segue a colaborar con nós sempre que llo demandamos.

Marcos Besada, fixo unha axeitada elección ao vir co libro de Vicente Risco, “O porco de pé”, entre as mans. Destacou esta lectura que para el é moi significativa porque fala da perda de valores desvirtuados pola ambición do diñeiro, sendo estes vicios sociais xerados polo mal uso do poder criticados con burla polo autor.

Tamén len, en abril... con Xesús Presa

Tamén len, en abril... con Xesús Presa
O 19 de abril o noso convidado foi Xesús Presa Vaqueiro, escritor e investigador da historia local que compartiu con nós un relato breve da súa autoría titulado "La justicia poética del piso de Paca" inspirado nunha nova aparecida nun xornal a comezos do 2010, no que un piso deixado en herdanza ao Papa Juan Pablo II remata por ser vendido a unha parella gay.

 Aquí podes escoitar o relato na voz do seu autor:

 

 

LA JUSTICIA POÉTICA DEL PISO DE PACA

Máis información no blog da biblio

Tamén len, en febreiro... cos alumnos/as de Altamira

Tamén len, en febreiro... cos alumnos/as de Altamira

Edición especial, e de luxo, con oito alumnos/as de 4º de primaria do CPI Altamira acompañados por Montse, a directora do centro, e Rocío, a secretaria.

Leron fragmentos de "Down" de An Alfaya, o poema "Mariposa del aire" de Federico García Lorca, o episodio da loita cos muiños de vento de "Don Quijote de la Mancha", os poemas "Adiós ríos, adiós fontes" e "Castellanos de Castilla" de Rosalía Castro, un relato de "Cuentos para niños perversos" de Roald Dahl e un fermosísimo poema sobre a fala de Manuel María.

Eles, elas foron: Xana Ainhoa Gesto, Nuria Núñez, Nerea Almeida, Pablo Almeida, Alexandre Fernández, David Rodríguez, Andrés Núñez e Chenoa Tomé. Estamos encantadas de contar con tan marabillosa canteira.

Aquí vos queda a presentación destes pequenos grandes lectores.

 

Máis información no blog da biblio

Tamén len, en marzo... con Paco

Tamén len, en marzo... con Paco
Paco Jurado Besada é profesor na Escola de Música do noso Concello. Forma parte da Banda de Música de Salceda e da Banda Municipal de Ourense. 

O día 5 de abril achegouse ata nosa biblioteca para lernos un fragmento de "Drácula" de Bram Stoker que fixo que o escoitaramos ensimesmados.

Nesta ocasión, os presentadores foron tres rapaces/as do Centro que son ou foron alumnos seus: Paloma Fernández (2ªA), José Castro (3ºA) e Jorge Cabaleiro (1ºB) que nos interpretou unha peza coa trompeta.

Aulas sen fume

Un ano máis o alumnado de 1º da ESO, xunto cos seus titores e titoras, conciencianse dos riscos que ten o tabaco. O traballo que desenvolveron ao longo do curso culmina nestes vídeos.

 

 

Números premiados sorteo Pro-Andorra

 

                5.264 Televisión

  

                  854  Bicicleta

 

                  4.644 Cámara

Ler non é clandestino

Vídeo de animación a lectura realizado polo IES Chano Piñeiro de Forcarei.

(vía trafegandoronseis.blogspot.com)

Miss Escaparate

Documental emitido na 2 da TVE (Documentos TV) no que se analiza a situación das mulleres en EEUU e que nos permite reivindicar a igualdade de xénero.

(vía trafegandoronseis.blogspot.com)

Powered by Drupal - Design by artinet