Orientación

Obradoiro de Educación afectivo-sexual

O alumnado de 3º curso de ESO asiste hoxe e mañá a un obradoiro sobre Educación afectivo sexual impartido polo voluntariado de Cruz Vermella. Este obradoiro ten como obxectivo informar sobre conductas favorables a vivir unha sexualidade sen riscos para a saúde e temas relacionados coa asertividade, empatía e afectividade.

Obradoiro de Educación afectivo-sexual

Unha aproximación á cultura colaborativa con Chus Prol

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o departamento de orientación organiza unha charla taller na que as protagonistas son mulleres cunha traxectoria laboral que destaca pola innovación e o compromiso coa sociedade.

Este curso, o pasado luns 13 de marzo, o alumnado de 4º curso de ESO asistiu a unha charla-taller impartida por Chus Prol, quen na actualidade colabora nun proxecto propio, o espazo colaborativo Doutroxeito Coworking e quen afirma que ser autónoma é unha lección de vida ...e de supervivencia.

 

Máis información no blog da Biblioteca.

Unha aproximación á cultura colaborativa con Chus Prol

8 de marzo: DÍA DA MULLER

No IES Pedras Rubias reinvidicamos o Día da Muller cunha serie de actividades ao longo destas semanas das que iremos dando conta. Comezou o día coa visita da escritora Mª Sol Ortiz de Zárate, pero o acto central desta celebración foi no patio exterior ás 12:30 coa lectura duns poemas e de textos escritos polas nosas alumnas nas que reivindicaban a igualdade ao tempo que invitaban aos seus compañeiros a loitar pola igualdade real. Rematou o acta cun fermoso baile. Todo o acto foi organizado polo propio alumnado do centro.

8 de marzo: DÍA DA MULLER

Convocatoria, calendario e solicitude probas de acceso ciclos formativos de grao medio e superior 2017

Nas seguinte ligazósn poderanse acceder a convocatoria, o calendario e a solicitude de inscrición para a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional :

Convocatoria

Calendario

Solicitude de inscrición

Prevención de drogas e alcol

O pasado xoves 17 de decembro o alumnado de 2º da ESO recibiu unha charla sobre a prevención de drogas e alcol, impartida por especialistas da comandacia da Garda Civil de Porriño.

Prevención de drogas e alcol

Powered by Drupal - Design by artinet