O xoves 24 de novembro asistimos no Auditorio do Concello á representación teatral de "Pelos na Língua" pola compañía Talía Teatro, puidendo disfrutar dunha obra divertida ao tempo que o noso alumnado se concienciaba da importancia de defender a nosa Língua.
Complementarias e extraescolares
Entroido 2011
Éxito absoluto de todas as comparsas deste ano: colorido, animación, orixinalidade en todas elas. Pero sempre ten que gañar algunha, aí vai a clasificación final:
Achegámonos a obra do artista galego Pedro Solveira
O xoves 2 de decembro, organizado polos departamentos de Ciencias Sociais e Tecnoloxía, os alumnos/as de 2ª da ESO tiveron o privilexio de recorrer a última exposición de Pedro Solveira na Casa das Artes de Vigo en compañía do propio artista.
(Foto do cuadro tomada da páxina web oficial do artista: www.pedrosolveira.com)
Os alumnos/as de 4º da ESO visitan os Pazos de Salceda
O luns 22 de novembro os alumnos de 4º da ESO fixeron un percorrido polos Pazos de Salceda: Aballe, Pegullal e a Casa Grande da Picoña (na foto). Os seus pazos son a maior riqueza arquitectónica do Concello, e para iso contaron cun dos seus mellores coñecedores, don Español, o gran mestre de matemáticas, que tantos anos adicou aos números pero tamén a coñecer o seu Concello.