Tamén len, en maio... con Marcos Besada EDICIÓN NÚMERO 50

Para rematar este curso de interesantes sesións mensuais de lecturas e conversas compartidas con diversas persoas da contorna, e coincidindo coa sesión número 50 do Tamén Len, que mellor que volver a contar coa presenza compracida do alcalde de Salceda, Marcos Besada, que sempre tenta acudir á nosa chamada para colaborar nas actividades que lle propomos.

Porque dende aquel 27 de febreiro de 2007 xa pasaron pola nosa Calixtina 50 lectores/as a facernos disfrutar coa súa lectura e a falarnos de todo un pouco.

Foi inaugurado o acto pola música dos expertos gaiteiros Aitor e Christian, alumno e exalumno respectivamente. Seguiu a presentación feita para esta ocasión tan especial, polo verbo ilustrado de José Luis, o noso mestre-bibliotecario e artífice destas sesións que teñen tan longa vida, quen encantado segue a colaborar con nós sempre que llo demandamos.

Marcos Besada, fixo unha axeitada elección ao vir co libro de Vicente Risco, “O porco de pé”, entre as mans. Destacou esta lectura que para el é moi significativa porque fala da perda de valores desvirtuados pola ambición do diñeiro, sendo estes vicios sociais xerados polo mal uso do poder criticados con burla polo autor.

Tamén len, en maio... con Marcos Besada   EDICIÓN NÚMERO 50

Powered by Drupal - Design by artinet