Para conmemorar o día das Bibliotecas, o Día das escritoras 2020, que este ano xa fixo a súa quinta edición e que tivo lugar o luns da pasada semana baixo o lema “O esforzo cotián das mulleres”, e inaugurar as emisións de radio durante os recreos, o xoves 29 de outubro durante o recreo e a hora de lecer alumnado de diferentes niveis educativos leu poemas e fragmentos narrativos de escritoras galegas durante o programa especial de radio.
As lecturas escollidas foron as que seguen:
· Un poema do libro Feliz Idade de Olga Novo, homenaxeada co Premio Nacional da Crítica Española en Poesía (María 2º D).
· Un fragmento narrativo de Mª Xosé Queizán do libro Amor de tango (Lúa 2º D).
· Un poema de Marta Dacosta do libro Na casa da avoa (Ainhoa 2º D).
· Un fragmento de Adiós María de Xohana Torres (Naia 1º B).
· Un fragmento da novela Nena e o mar de Érica Esmorís (Karina 1º B).
· Un parágrafo de Memoria do silencio de Eva Mejuto (Maruxa 1º E).
· O poema “A xustiza pola man” de Rosalía de Castro (Lucía Fernández 1º B).
Agradecémoslle a axuda técnica recibida por parte do profe Rubén e de Alba de 3º A, sen os cales non sería posible facer esta actividade.
Agardamos que fose do voso agrado e gozásedes tanto coma nós. Ata a próxima!!