Almorzos saudables

Dende a acción titorial e  orientadora en colaboración cos departamentos didácticos de Bioloxía / Física e Química e Educación Física estamos traballando para mellorar os hábitos alimenticios do noso alumnado, incidindo na importancia da primeira comida do día: O almorzó, para o adecuado rendemento académico, emocional e social.

 

Esta iniciativa comenza os días 7 e 14 de Febreiro cunha actividade novedosa no noso Centro e dirixida ao alumnado que cursa 1º ESO.

Esta actividade leva por título “Taller de Almorzos Saudables”, e consistiu na preparación e degustación dun almorzo cos nutrientes necesarios para comenzar o día coa enerxia necesaria que require a actividade académica.  

 

Este obradoiro foi impartido polo voluntariado da AECC (Asociación Española Contra o Cancro) onde se informou sobre a importancia da alimentación na actividade diaria (física e mental) e na prevención de enfermidades.

Ademáis tamén expuseron en qué consiste o  traballo da Asociación e os servizos gratuitos que ofrece: Campañas de prevención, educación para a saúde en centros educativos, atención psicolóxica e social a enfermos e familiares entre outras.

 

A actividade foi valorada coma positiva polo noso alumnado que aportou as súas suxerencias entre as que figuran a implicación das nais e pais no compromiso dunha alimentación saudable.

Almorzos saudables

Powered by Drupal - Design by artinet