DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

O día 23 de febreiro cumpríronse 187 anos do nacemento de Rosalía de Castro.

Para celebralo, no IES Pedras Rubias o Departamento de Lingua Galega e Literatura organizou un Concurso Artístico de Creación Propia. Para a elaboración destas creacións partiuse da inspiración da natureza, igual que inspirara a Rosalía nalgunhas das súas composicións.

Dúas foron as modalidades de creación: haikus (para 1º de ESO) ou composición poética acompañada dunha planta silvestre (para os restantes cursos), en ambos casos relacionado coa figura de Rosalía de Castro e a natureza.

Houbo de prazo ata o xoves 29 de febreiro.

Para máis información podedes consultar as bases completas.

Outorgáronse 3 premios por cada modalidade. Velaquí o alumnado premiado.

                       

             

 

Parabéns a todas e grazas pola vosa participación.

 

EDDLG principal.png
AdxuntoTamaño
haikus e planta.pdf766.32 KB

Powered by Drupal - Design by artinet