MARATÓN DE LECTURA

O xoves 19 de maio fíxose a lectura ininterrompida en voz alta da Antoloxía poética de Florencio Delgado Gurriarán durante o horario lectivo.

 

Participaron alumnado, profesorado e persoal non docente. Agasallóuselles cun diploma.

               

Igual coma xa fixeramos o curso pasado saímos da Biblioteca e lemos ao aire libre no noso acolledor souto. 

 

                   

Aproveitamos para facerlle a unha pequena homenaxe a Domingo Villar coa lectura dun fragmento de O último barco.

                                

EDDLG principal.png

ESPECTÁCULO ALDAOLADO

Con moitvo da celebración das Letras Galegas 2022 todo o alumnado do centro acudiu ao espectáculo poético musical Aldaolado que tivo lugar o xoves 12 de maio no Auditorio de Salceda de Caselas.

Como vén sendo costume sempre que o tempo acompaña, o desprazamento ata o auditorio fíxose a pé.         

            

 

                   

Como vén sendo costume sempre que o tempo acompaña, o desprazamento ata o auditorio fíxose a pé pola senda que une o instituto co centro urbano.

                                              

 

EDDLG principal.png

MERCADIÑO DE LIBROS

Para conmemorar o Día do libro, o venres 22 de abril fíxose un mercado de libros.

Os días previos, o alumnado que quixo participar, que foi moito, trouxo libros que deixou na biblioteca a cambio de vales que logo intercambiou o día da feira.

Contamos coa doazón desinteresada da librería Donas de Salceda e tamén do profesorado. Moitas grazas pola vosa xenerosidade.

 

 

Levouse a cabo na nova sala de profesorado, ao carón da radio, xa que non puido ser no exterior, tal como estaba previsto, debido ao mal tempo.

                         

EDDLG principal.png

ENCONTRO CO ESCRITOR CARLOS MEIXIDE

Como peche da 2ª avaliación, o 7 de abril tivo lugar un encontro entre o escritor Carlos Meixide, autor da serie "Os cinco de Ons", e o alumnado de 2º e 3º de ESO. O acto tivo lugar no Auditorio Municipal do concello.

Aproveitando que o tempo acompañaba, fíxose o percorrido a pé e así deuse por inaugurada a senda peonil de Parderrubias ao núcleo da vila.

 

O alumnado puido afondar nas obras xa lidas (Ons, Cans e Guitiriz) así como coñecer de primeira man como será a última que pechará a serie e se desenvolverá en Portugal.

EDDLG principal.png

XV Subida ao Penedo Redondo solidaria con Ucraína

Este venres día 6 de maio celebrouse a XV edición da Subida ao Penedo Redondo

O alumnado tiña a opción de facela andando, correndo individual ou correndo en grupo. Gran participación por parte do alumnado e profesorado. Un placer volver a realizar e disfrutar deste tipo de actividades.

Recadáronse un total de 800 € entre alumnado e profesorado que será donado íntegramente a Ucraína. Grazas a tod@s pola vosa colaboración.

Deixamos rexistro dos tempos e fotos d@s gañador@s.

O IES Pedras Rubias participa no Programa Segura-mente

O alumnado de Economía de 4ºESO participa neste curso no Concurso do programa "Segura-mente" de ABANCA, en colaboración coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia e consistente na presentación dunha idea de negocio.

Recentemente abriuse o prazo de votación popular para ser escollido entre os mellores proxectos. O alumnado de 4ºESO A solicita a vosa axuda para conseguir ese obxectivo. Por favor, clica no seguinte enlace e vota a opción de 4ºA (a que ten máis votos). Á hora de votar ides recibir un correo de confirmación.

Non esquezades confirmar o voso voto!!

Moitas grazas pola vosa colaboración!

 

Actualización dos criterios de Avaliación, Promoción e Titulación do curso 2021/22

Consulta os criterios definitivos de Avaliación, Promoción e Titulación do curso 2021/22 no seguinte enlace:

CRITERIOS DE AVALIACIÓN, PROMOCIÓN E TITULACIÓN Curso 21/22

BECAS E AXUDAS PARA BACHARELATO, FP E OUTROS ESTUDIOS NON UNIVERSITARIOS

Aberto ata o 12 de MAIO o prazo para solicitar becas para estudos postobrigatorios (Bacharelato, ciclos e outros) para o curso 22/23. 

Se cumplides os requisitos solicitádea aínda que o alumnado non teñan claro os estudos a realizar xa que haberá un prazo para actualizar eses datos,  pero só si a beca está pedida en forma e prazo.

Achegamos enlace con máis información :

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/t...

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet