2022 / 23

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Para conmemorar o Día das Bibliotecas o mesmo luns 24 de outubro durante a hora de lectura (de 10.10 a 11.00 h.) alumnado voluntario de todos os niveis fixo un programa especial de radio.

                                              

Léronse fragmentos da obra de Francisco Fernández del Riego, autor que será homenaxeado nas Letras Galegas 2023

Púidose seguir en directo na canle de youtube "Onda Raia Pedras Rubias".

Ademais, na porta da biblioteca houbo  agasallos literarios para todos/as.

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

CONCURSO RELATO CURTO

Chegado o mes de outubro, o departamento de Lingua Galega e Literatura retoma o concurso de relato curto.

 

Igual ca anteriores edicións, o tema é libre, pero os relatos deste mes deben comezar polo comezo da obra O cego de Pumardeón de Francisco Fernández del Riego, autor das Letras Galegas 2023: “Mauro revólvese no leito. Dá unha volta e outra. De súpeto…”.

 

Se queres concultar as bases completas, podes facelo premendo no cartel.

 

Animádevos e participade. Hai un agasallo para o/a mellor de cada aula!!

EDDLG principal.png

Gañadora do V Certame de Imaxes do Patrimonio Ponte...nas ondas!

Dá gusto comezar un novo curso e recibir novas coma esta:

A alumna Amaia Troncoso Monteiro de 2º de ESO B resultou gañadora do 1º premio na categoría de Ensino Secundario no 5º Certame Imaxes para o Patrimonio de Recollida de Fotografías do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués, baixo o título “Rancho de Reis”.

Esta é unha fotografía do rancho de reis de finais dos anos 50.

Representa unha tradición única en Galicia, típica do val do Caselas, o rancho de reis.

Antigamente, facíase nas parroquias de Salceda de Caselas e nalgunhas de Salvaterra (as que baña o río Caselas). Na actualidade, só se conserva no barrio da Feira de Salceda.

Na foto podemos ver as figuras típicas que representan o rancho de reis: os dous danzantes, cos seus característicos gorros de plumas e os seus panos cruzados e nas mans as carrañolas, que son as que marcan o ritmo; no centro da imaxe vemos a dama, a cal está toda engalanada con colares de ouro, na que se aprecia un pano na man e un bonito gorro de flores; detrás dela están as custodias, as dúas mulleres encargadas de preparar a dama e de custodiar o ouro desta.

A danza consiste no enfrontamento de dous danzantes que, repetindo os mesmos puntos, intentan conquistar a dama; esta, co seu pano, elixe a un danzante para bailar unha ribeirana ou muiñeira.

Na imaxe, o danzante da dereita é o meu avó, Antonio Troncoso.

Miña irmá mais eu seguimos a tradición familiar do noso avó e do noso pai. Dende hai meses formamos parte, como danzantes, desta singular e única danza que enriquece o patrimonio cultural de Salceda de Caselas, a cal desaparecera e, dende hai uns anos, estamos recuperando para que esta danza non se perda.

A entrega de premios será o 16 de novembro que coincide co Día Internacional do Patrimonio. A nosa gañadora e a súa familia recibirán un ordenador portátil.

Aproveitamos para felicitar o CEP Altamira que tamén resultou premiado por partida dobre na categoría de Ensino Primario: 2º premio para o títuloMulleres no lavadoiro do edificio da praza de abastos de Ourense” e accésit para o título “A Torre Eiffel e a emigración” de Elisa de Almeida Mouteira.

Tamén queremos agradecer as achegas das outras alumnas participantes do IES Pedras Rubias:

Uxía Barbosa Alonso

Iria Cruz González

Xana Gil Oya

Lucía Fernández Gándara

Parabéns, Amaia e familia!

Toda a comunidade do IES Pedras Rubias séntese moi orgullosa de vós. 

Agardamos que sigades a recoller máis premios por ese labor que estades a desenvolver!

Gañadora do V Certame de Imaxes do Patrimonio Ponte...nas ondas!

Powered by Drupal - Design by artinet