2020/21

MARATÓN DE LECTURA

 O venres 14 de maio fíxose a lectura ininterrompida en voz alta do libro Xela Arias Poesía reunida (1982 – 2004), entre outros, durante o horario lectivo, na que participaron alumnado, profesorado e persoal non docente.

Agasallouse a todos os lectores e lectoras cun diploma.

Nesta ocasión tivo de especial que para cumprir con todas as medidas de seguridade saímos da Biblioteca e lemos ao aire libre no noso acolledor souto. 

Moitas grazas a todos e todas por facer posible un acto tan emotivo.

EDDLG principal.png

LETRAS GALEGAS 2021

 

A semana do 10 ao 14 de maio levaremos a cabo as seguintes actividades para celebrar as Letras Galegas:

1. Busca do Tesouro:

  • Participantes: todos os grupos.
  • Horario: nas clases de EF.
  • Días: de luns 10 a xoves 13.

2.Recital de poesía na radio:

  • Participantes: alumnado voluntario.
  • Horario:durante os leceres e recreos. Poderase seguir en directo a través de Youtube na canle "Onda Raia Pedras Rubias". 
  • Días: mércores 12 e xoves 13.

3. Maratón de lectura:

  • Participantes: toda a comunidade educativa. 
  • Lugar: no souto (se non chove) ou no porche da sala do profesorado (se chove).
  • Día e hora: venres 14 durante toda a mañá.

Ademais, na Aula Virtual habilitouse un espazo para as Letras Galegas no que poderedes atopar material diverso: biografías, vídeos, un pasapalabra, un libro Lim..., por se é do voso interese.

                                                 

EDDLG principal.png

CONCURSO RELATO CURTO ABRIL

Metidos no mes de maio e a voltas coas Letras Galegas que este ano se lle dedican a Xela Arias, publicamos os relatos gañadores do mes de abril.

Se queres ler os que resultaron gañadores, podes facelo premendo no curso correspondente:

1º B

1º C

2º D

4º C

Noraboa e a seguir participando, que só queda o mes de maio!

CONCURSO RELATO CURTO ABRIL

CONCURSO RELATO CURTO MARZO

A piques de que rematen as vacacións de Semana Santa, presentamos os relatos gañadores do concurso de relato curto do mes de marzo. 

Se queres lelos, preme nos diferentes cursos:

1º B

1º C

2º D

Noraboa e a ver se abril vén cargado de relatos!

CONCURSO RELATO CURTO MARZO

Instrucións para usar Webex por parte do alumnado

Podedes descargar as instrucións no seguinte ENLACE.

Convocatoria extraordinaria ANPA 15 de marzo

Podes descargar en adxuntos a convocatoria da vindeira reunión da ANPA que se celebrará o 15 de marzo.

(Adxuntos: na parte dereita)

Correos electrónicos do profesorado

Podedes consultar ou descargar en adxuntos (na parte dereita) os correos electrónicos do profesorado.

Powered by Drupal - Design by artinet