PREGUNTAS DE REPASO DOS TEMAS 5 E 7 DE HISTORIA

Le estas preguntas e, se é posible, respóndeas no teu caderno para repasar para o exame.    Ilustración de vector de prueba de trabajo y examen | Vector Premium

1. Completa esta información sobre a Guerra Civil e a Ditadura Franquista.

a) Cronoloxía (indica os anos da guerra e da ditadura). Anota tamén os anos nos que estivo vixente a II República.

b) Causas da confrontación./ causas da instauración da ditadura.

c) Bandos opostos./ Élites dirixentes.

d) Características de cada bando./ Características da ditadura.

e) Consecuencias para a poboación.

2. Que cambios sociais relevantes introduciu a II República?

3. Que era a "Lexión Cóndor"?

4. Quen apoiaba ao bando republicano?

5. Quen apoiaba ao bando sublevado?

6. Define estes conceptos: Generalísimo, coeducación, expropiación, Falange de las JONS, Sección Feminina da Falange de las JONS.

7. Explica que son estes cambios producidos na II República: reforma territorial, reforma relixiosa. reforma do exército, reforma educativa, reforma agraria e reforma laboral.

8. Ordena estes acontecementos de principios do SXX: proclamación da República/ celebración de eleccións municipais/ celebración de eleccións  nas Cortes/ aprobación da Constitución/ Afonso XIII sae cara ao exilio.

9. Define: autarquía.

10. Consideras que é verdadeiro ou falso este enunciado: "O franquismo marcou o retorno a unha sociedade tradicional"?

11. Indica que sucedeu a partir de 1939 con:

a) A que países apoiou España durante a II Guerra Mundial?

b) Como afectou á muller e aos seus dereitos a situación española desde 1939?

c) Que sistema de goberno foi o franquismo?

d) Que sucede en España na década de 1960?

12. Indica o nome do mercado negro de produtos básicos ao que se recurría ante a escaseza de alimentos.