¡Benvidos e benvidas!

A música, unha das manifestacións artísticas mais antigas e determinantes da historia da nosa especie, quen de trasladarnos a un lugar no que fomos felices, de facernos viaxar no tempo polos camiños da nostalxía. Ese instrumento que nos fai empatizar facilmente, o que é quizáis o máis poderoso evocador que inventou o ser humano.

Nesta materia adentrarémonos no estudo desta arte e da evolución que sufriu dende os primeiros sons coordinados feitos polos ancestros da nosa especie ata a aparición de novos estilos musicais contemporáneos como son o Trap ou o K-Pop, expresións propias da sociedade da IV Revolución Industrial.

Todo isto no ano en que se producirá o 120 aniversario da morte de Giusseppe Verdi ou o centenario do óbito do tenor italiano, Enrico Carusso. Isto e moito máis formará da nosa historia da Música. Pronto iniciamos a nosa viaxe polo tempo, únete!