ESO / Madeira e Moble / Bacharelato / ESA
Iniciar sesión
"Carpintaría e Moble"
ESO E BACHARELATO Prazos e Impresos de matrícula
Aquel alumnado que solicite ser admitido no IES DE ORTIGUEIRA no vindeiro curso debe entregar a documentación necesaria nos prazos establecidos (1 a 20 de marzo) polo artigo 15 da Orde de 12 DE MARZO DE 2013.
LIGAZÓN A INSTRUCCIÓNS DE ADMISIÓN
O alumnado que continúe no centro en ESO ou Bacharelato, ou que veña dos CEIP adscritos ao IES de Ortigueira só debe realizar o procedemento de matriculación, pois ten garantida a súa praza.
Compre estar atento aos prazos de admisión e matrícula, para poder ter dereito a que as peticións persoais poidan ser contempladas na oferta de materias optativas, así como nos servizos de transporte e comedor.
Podes descargar aquí os impresos de matrícula específicos deste centro, que concretan o modelo xeral establecido pola Consellería de Educación.
Preme sobre a ensinanza na que te queres matricular.
PRAZO DE MATRICULACIÓN:
ESO E BACHARELATO: 1 ao 8 DE XULLO ás 13 horas
1º de ESO: Fotocopia do Libro de Familia, 2 fotos carnet.
2º de ESO: 1 foto carnet
Resto de cursos: 1 foto carnet, 1 euro e 12 céntimos en concepto de Seguro Escolar.
A maiores desta documentación, o alumnado que se matricule no centro, procedente de sistemas educativos doutros países deberá presentar o DOCUMENTO DE INSCRIPCIÓN CONDICIONAL debidamente cuberto
Normativa de referencia:
Podes acceder ao Procedemento E550B
Matriculación en ESO, Bacharelato: Entre o 1 e o 8 de xullo.
Admisión en ciclos formativos
No caso de ter dúbidas podes vir ao centro e recibirás axuda. Preinscripción en ciclos a partir de hoxe día 23, ata o día 5 de xullo ás 13 horas. Accede AQUÍ á aplicación
Tamén podes mirar este vídeo explicativo
A admisión e matrícula en 1º curso de Ciclos Formativos está regulada por procedementos centralizados. Unha vez acadada a admisión compre entregar o impreso de matrícula no centro, ou, no caso de non interesar o impreso de renuncia á praza.
Preinscripción en FP básica. Descarga AQUÍ o impreso. Matriculación en FP básica: Agárdase pola determinación da comisión de escolarización. Os centros avisaran ao alumnado admitido para que poida formalizar a súa matrícula a partir do 20 de xullo.
Matriculación en 2º de ciclos formativos (básico e medio): Entre o 1 e o 8 de xullo.
Matriculación en FP básica: Agárdase pola determinación da comisión de escolarización. Os centros avisarán ao alumnado admitido para que poida formalizar a súa matrícula a partir do 20 de xullo.
Información sobre implantación da LOMLOE
A pasado 11 de febreiro de 2022 foi publicada no DOG a ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia. (ver LIGAZÓN)
Para ir cumprindo co disposto na súa disposición adicional cuarta da devandita orde é necesario informar ao alumnado e aos seus representantes legais das novas condicións de avaliación, promoción e titulación na ESO e no Bacharelato, así como as condicións para a obtención do título de Graduado en ESO para o alumnado de FP Básica.
"Os centros docentes disporán dun prazo de 2 meses para adaptar a súa concreción curricular para adecuala aos cambios normativos na avaliación, na promoción e na titulación"
Débese consultar:
Para a ESO: Artigos 7 a 10 da devandita orde.
Para a FP básica: Artigo 11
Para o Bacharelato: Artigos 13, 14 e 15
O luns 20 de xuño foi publicada no DOG a Resolución do 26 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2022- 2023
Información para o curso 21-22. Taboleiro COVID
Protocolo (versión maio de 2022)
Recomendacións de 28 de marzo de 2022
A partir desta comunicación só deberán quedar na casa os casos positivos con síntomas. Os casos asintomáticos poderán asistir ao centro cumprindo coas precaucións establecidas. Preme AQUÍ
Declaración responsable de autotest Positivo
- Comunicado para a volta ás aulas o 10 de xaneiro de 2022 PREME AQUÍ
PLAN do IES DE ORTIGUEIRA DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022. (aprobado pola dirección do centro o 15 de setembro de 2021)
Preme AQUÍ
Plan de continxencia do centro. Preme AQUÍ
PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2021-2022 (VERSIÓN 06/07/2021). Preme AQUÍ
ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN COVID 19 e DECLARACIÓN RESPONSABLE
Preme AQUÍ para ver a enquisa. Recomendamos que todo o alumnado teña o modelo á man nun espazo visible da casa, pois é necesario facela todos os días.
Preme AQUÍ para ver o modelo de declaración responsable. Todo o alumnado do centro debe entregar ao seu titor/a este documento asinado pola nai, pai ou persoa responsable no caso do alumnado menor de idade.
ABALAR MOBIL, PARA RECIBIR COMUNICACIÓNS DO CENTRO
Ferramenta para consultar a información do alumnado e recibir comunicacións do centro a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Preme na imaxe para aprender a conectarte. No caso de ter dificultade envía un correo a ies.ortigueira@edu.xunta.gal
A madeira é o futuro
IES de Ortigueira
LIGAZÓN Á GALERIA DE IMAXES DO CENTRO
Preme na imaxe para acceder á información
