ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Iniciar sesión
Matrícula nas ABAU (alumnado que cursa 2º de Bacharelato no curso actual)
Antes de superar 2º de Bacharelato.
Preme na IMAXE 1, cubre e logo imprime o teu impreso de prematrícula na ABAU. Deberás entregalo asinado no centro. Tamén está dispoñible na secretaría, para cubrir a man, coa letra moi clara. Consulta calquera dúbida coa xefa do Departamento de orientación. Podes deixar feito isto antes de ter superado 2º de Bacharelato (inscrición condicionada)
Superado 2º de Bacharelato
1º PAGAR A TAXA DE EXPEDICIÓN DE TÍTULOS ACADÉMICOS (17 a 20 de maio)
Consulta os códigos e preme na IMAXE 2 se desexas pagar a taxa de expedición de títulos académicos de xeito telemático. No caso de ser representante do alumnado (nai, pai, titor/a) debes poñer no impreso os datos do alumno/a como suxeito pasivo. Tamén podes solicitar impreso de taxas no centro e ir pagar a unha entidade bancaria. En calquera dos casos é necesario entregar un xustificante de pago, para poder continuar co procedemento de matrícula.
2º PAGAR AS TAXAS DE MATRÍCULA NA ABAU (20 de maio)
Preme na IMAXE 3 para cubrir e imprimir o impreso de taxas de matrícula na ABAU
TARIFAS
Título de Bacharelato 54 Fam N Cat. Xeral 27,03 Outras situacións (Gratuita) Matrícula na ABAU 63,67 Fam N Cat. Xeral 31,84 Outras situacións (Gratuita ver impreso)No momento da matrícula no centro, xerarase unha solicitude de conta de usuario para poder acceder a NERTA, automáticamente. Recibirás na túa conta de correo electrónico o código necesario para activar a conta de usuario e información cos pasos a seguir para completar a activación da conta de usuario solicitada.
Mediante NERTA, coa túa conta de usuario, poderás acceder aos teus datos, modificar, acceder ás cualificacións, facer reclamacións e preinscribirte nos diferentes graos do sistema universitario galego.