Skip to Content

TESOUROS REAIS (Museo Centro Gaiás)

18 de abril. Alumnado de Relixión de 3º de ESO desprazouse ata Santiago de Compostela nunha visita didáctica á exposición “Tesouros Reais”.

 

Poidemos admirar o extraordinario tesouro artístico do Terra Sancta Museum de Xerusalén composto de doazóns das monarquías católicas máis poderosas de Europa (España, Portugal, Nápoles, Francia, Sacro-Imperio Romano Xermánico) aos Santos Lugares ao longo de 500 anos. Durante séculos, as casas reais europeas enviaron agasallos (valiosas oubras de ourivería de metais e pedras preciosas, cálices, códices, lámpadas, candelabros, roupa litúrxica,…) á Basílica do Santo Sepulcro de Xerusalén. Esta cidade é a única cidade santa no mundo para as tres relixións monoteístas (xudaísmo, cristianismo e islam).

Aproveitamos para repasar Xeografía, Historia,Relixión e como os monarcas por medio destes agasallos amosaban o seu poder para así disuadir aos inimigos. Unha clase interdisciplinar, sen dúbida algunha!

 



page | by Dr. Radut