Skip to Content

PROHIBICIÓN DO USO DE MÓBILES NOS INSTITUTOS

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades acaba de publicar a Orde de 4 de xaneiro de 2024 sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos,  pola que se aproba o protocolo sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

En dito protocolo amplíase a prohibición do uso de móbiles a todo o horario escolar, incluíndo os tempos de lecer.

O protocolo estará vixente xa no primeiro día de clase despois das vacacións de Nadal (8 de xaneiro)

Enlace á Orde (O protocolo aparece a partir da páxina 7)



page | by Dr. Radut