Skip to Content

25N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Campaña #DeFronte impulsada dende a área de igualdade da Deputación da Coruña co gallo da conmemoración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

O alumnado de FP Básica participa nun Taller stop motion #DeFronte no que terán que realizar unha peza audiovisual con Legos, na que mostrar, de xeito sinxelo, a complexidade das violencias sexuais en contextos de ocio e festa.

A persoa encargada de guiar a actividade será Paula Tubío, psicóloga, especialista en igualdade e con moita experiencia impartindo talleres TIC dende un enfoque social.

Mais información e videos elaborados na campaña neste enlace defronte.gal


 

Co mesmo gallo, mostramos na fachada do centro que aquí "Queremos mulleres sen medo" e  por iso, no corredor da planta baixa ubicase unha exposición colaborativa de retratos na defensa da Igualdade, o repecto e o rechazo as conductas inapropiadas entre iguais.

No IES ORDES miramos a violencia de FRONTE.

     

 



page | by Dr. Radut